Ana Miranda defende na Eurocámara que Galiza precisa un Plan de Pesca Artesanal específico

A eurodeputada do BNG alerta de que o goberno galego “saque do caixón” a Lei Galega de Acuicultura, prexudicial para o país
Por o 24/01/2019 | Sección: BNG,Política
Ana Miranda defende na Eurocámara que Galiza precisa un Plan de Pesca Artesanal específico
Compartir en:

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, defendeu na sesión da Comisión de Pesca celebrada esta tarde que Galiza debe contar cun “Plan de Pesca Artesanal específico que respecte as particularidades propias galegas”. Na súa intervención, que tivo lugar no marco da presentación do informe “O futuro da pesca artesanal en Europa”, Miranda considerou que este tipo de pesca debe estar “excluída de TAC’s e cotas, que son tan prexudiciais para o sector”.

“Desde o NBG sempre defendemos de xeito incondicional a pesca como sector estratéxico para Galiza, así como os constantes incrementos de orzamento e unha nova definición de pesca artesanal”, explicou a eurodeputada nacionalista, en referencia as emendas presentadas ao Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro (FEMP) que recollen as demandas transmitidas pola delegación de representantes da frota costeira artesanal galega que estiveron en outubro na capital comunitaria.

Ana Miranda salientou ademais que resulta imprescindible o respecto ás competencias propias no tocante a pesca en augas interiores, así como as artes propias como o xeito. A pesca costeira artesanal presenta características e problemas específicos que a diferencian da pesca a gran escala, polo que para a eurodeputada do Bloque a definición de pesca artesanal non pode estar limitada unicamente ao criterio da dimensión das embarcacións a 12 metros. Ao respecto defendeu que deben ser tidas en conta as artes de pesca e o seu impacto no ecosistema mariño o tempo de permanencia no mar, o número de tripulantes, así como o impacto económico nas poboacións costeiras.

Na súa intervención tamén considerou indispensable que o Plan de Pesca Artesanal debe incluír tamén medidas concretas para mellorar a saúde, a seguridade e as condicións de traballo tanto a bordo dos buques de pesca como en terra, xa que as actividades pesqueiras continúan unha vez que as capturas chegan a porto e ás lonxas.

Defensa da acuicultura extensiva

Tras saudar a José Antonio Pérez, Presidente da Federación Galega de Confrarías, Ana Miranda alertou de que o goberno galego “saque do caixón” a Lei Galega de Acuicultura, que tanto dano pode facer ao sector galego. Neste sentido considerou indispensable diferenciar entre acuicultura extensiva sostible e acuicultura industrial, para protexer o marisqueo e as cetarias, xa que ao seu xuízo estas son o tipo de extracción “que tanto traballo crean na nosa costa fronte ao modelo de macropiscifactorias que quería impor a Xunta”. Precisamente sobre esta cuestión a eurodeputada do Bloque preguntou ao Presidente da Federación Galega de Confrarías, quen asegurou que desde o colectivo xa se definiron a favor da acuicultura extensiva e non das macroprantas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.