A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, forma parte da delegación que hoxe visita aos presos políticos cataláns Oriol Junqueras –cabeza de lista da coalición Agora Repúblicas, coa que o Bloque se presentou ás eleccións europeas do pasado mes de maio- Raul Romeva e Jordi Cuixart.
Representado por Ana Miranda, o BNG integra a plataforma “Diálogo UE – Catalunya”, integrada por membros de diversos grupos parlamentares europeos. Así, no encontro cos presos políticos tamén participarán, entre outros, o eurodeputado François Alfonsi (do Europe Ecologie, de Corsica) e Mark Demersmaeker (Former MEP e senador do Parlamento belga).
Esta visita é a terceira de Ana Miranda aos presos políticos cataláns, nas que ademais de trasladar o apoio do Bloque ás persoas que loitan polo dereito a decidir, subliñou que “un problema político ten que ter unha solución política e dialogada”. Neste sentido, a portavoz nacionalista en Europa fai referencia ás recentes declaracións do relator especial de Nacións Unidas para a Liberdade de Expresión e Opinión, el norteamericano David Kaye, quen pediu ao goberno español que non acusen de delito de rebelión aos políticos cataláns.
“Que o relator da ONU diga que as sentencias por delito de rebelión poden implicar extensas condenas de prisión e supoñen un risco moi grave para a liberdade de expresión debería ser tido moi en conta”, apunta Ana Miradan.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.