Ana Pastor: “Hai partidos que nos presentamos ás eleccións cun balance de xestión mentres que outros o fan con propaganda”

Pon en valor “todo o que fixo o PP durante os 6 anos de goberno” en “aquelas infraestruturas tan necesarias para Vigo” como a propia Estación ou o Eixo Atlántico: “Cando chegamos, aquí só había unha gran focha”
Publicado por o día 12/04/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

Ana Pastor: “Hai partidos que nos presentamos ás eleccións cun balance de xestión mentres que outros o fan con propaganda”
A cabeza de lista ao Congreso pola provincia de Pontevedra iniciou hoxe a campaña na Estación de Vigo – Urzáiz, onde destacou que “hai partidos que nos presentamos ás eleccións cun balance de xestión e con feitos mentres que outros o fan con propaganda”. “Empezamos a campaña xusto aquí, nesta zona da estación de Thom Mayne onde acabamos de chegar en tren no Eixo Atlántico, para poñer en valor todo o que fixo o PP durante 6 anos de goberno”, subliñou.
 
Neste sentido, Pastor -que estivo acompañada pola conselleira Ethel Vázquez, os candidatos vigueses Miguel Fidalgo e Diego Gago, e a presidenta e candidata local Elena Muñoz-, reivindicou todas as “infraestruturas tan necesarias para Vigo” realizadas neste período como a propia Estación, da que lembrou que cando chegou ao Ministerio “só había unha foto dunha
 
escavadora e unha gran focha”. “Nunca pensei que tivese que dar unha roda aquí para lembrarlle aos cidadáns, que son intelixentes, que todo isto é posible grazas a un goberno do PP”, incidiu.
 
Así mesmo, Ana Pastor lembrou o investimento de máis de 800 millóns de euros no Eixo Atlántico -que permitiu reducir os tempos de desprazamento un 40% a prezos accesibles para todos-; a “obra tan importante realizada no aeroporto de Peinador”, onde se investiron máis de 70 millóns de euros; a pasarela do IFEVI; a nova depuradora; ou a porta en marcha da Autoestrada do Mar, “tan cacareada durante anos e que hoxe ten tráfico grazas a un acordo que logramos coa Unión Europea”.
 
“A mobilidade en Vigo mellorou grazas ao investimento do Partido Popular”, continuou a candidata popular, quen reivindicou tamén a redución, “por primeira vez na historia”, do prezo da peaxe da AP-9, cunha rebaixa do 50% entre Vigo e Pontevedra; e os 200 millóns investidos na ampliación da Ponte de Rande. “Este é o balance do que fixo o PP, e do que sinto moi orgullosa. Non me dedico á propaganda, pero vou ter que vir a Vigo todos os días para lembrarlle a algúns todas estas cousas”, engadiu.
 

Transferencia da AP-9 e nova autovía

 
Así mesmo, Ana Pastor reivindicou tamén a transferencia da AP-9 a Galicia –“votamos a favor da proposición de lei que foi a Madrid do Parlamento galego”- e lamentou a “discriminación” sufrida fronte aos vascos, “aos que o señor Sánchez acáballes de prometer a transferencia da súa autoestrada grazas ao apoio aos decretazos dos venres”.
 
Ademais, a candidata popular ha prometido que, se o PP gaña as eleccións o 28 de abril, retomarase o proxecto da autovía Vigo – O Porriño, con ese “gran túnel tan necesario” e un investimento de ao redor de 400 millóns, e acometerase a entrada urbana de Teis desde as Torres de Padín.
 
Ana Pastor concluíu lembrando que como ministra asinou co alcalde de Vigo o convenio da Avenida de Madrid, e mostrou a súa sorpresa porque “varios anos despois siga sen terminarse o proxecto”. “O que me pasma é que hai uns días fanse unha foto co Ministerio de Fomento para dicir que van incrementar o orzamento. Paréceme moi ben, pero que lle expliquen aos vigueses porque desde 2016 aínda non está terminado o proxecto”, sinala.