Ana Pastor visita o mercado do O Calvario

Por o 13/04/2019 | Sección: Galicia,Partido Popular,Política,Vigo
Ana Pastor visita o mercado do O Calvario
A cabeza de lista ao Congreso, Ana Pastor, acompañada da presidenta e candidata local, Elena Muñoz, e dos candidatos vigueses ao Congreso e ao Senado, Diego Gago e Miguel Fidalgo, visitaron hoxe o mercado do Calvario, onde puxeron en valor o comercio de proximidade como eixo vertebrador da cidade. Neste sentido, Ana Pastor avogou por apoiar “o pequeno comercio desta gran cidade que é Vigo, apostando sobre todo polos autónomos, para que teñan máis facilidades, E baixando os impostos”.
 
Durante a visita, os candidatos tiveron a ocasión de coñecer e escoitar as preocupacións e propostas dos placeiros, ademais de charlar co resto de veciños do barrio, e mostraron o compromiso do PP para impulsar medidas que contribúan á recuperación destes espazos e do pequeno comercio.

Comentar noticia

Your email address will not be published.