Ana Pontón: “A estratexia partidaria de PP e PSOE pon en risco os servizos básicos de galegos e galegas”

Reta a Feixóo a presentar o recurso xudicial para que o estado pague a débeda que sitúa en 3.000 millóns de euros, 200 millóns de euros en dependencia
Publicado por o día 30/08/2019 na sección de BNG,Política

Ana Pontón: “A estratexia partidaria de PP e PSOE pon en risco os servizos básicos de galegos e galegas”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón cualificou de “dantesco” que o PP e PSOE por “pura estratexia partidista”, poñan en risco recursos  que financian  servizos fundamentais para a cidadanía.

Para Pontón esta “estratexia falida” responde á intención do Partido socialista para forzar o apoio da dereita  á investidura. Agora, dixo, non deixa de sorprendernos que un partido que fixo campaña contra o “trifachito”, busque unha pata de apoio desa dereita.

PONTÓN RETA A FEIXÓO A EMPRENDER A VÍA XUDICIAL

A portavoz do BNG afirmou que a Xunta carece dunha estratexia propia e  Feixóo  “un día di unha cousa e outro di a contraria, amaga con levar ao estado aos tribunais pero á hora da verdade, prégase a estratexia marcada pola dirección do PP dende Genova.” A nacionalista retou a Feixóo a presentar o “recurso xudicial contra o estado para que Galiza cobre a débeda” e pediu a Feixóo que defenda o pago  de 200 millóns de euros para dependencia, 2.000 millóns de euros en obras non executadas para melloras do ferrocarril e o financiamento do porto exterior da Coruña, en total, dixo, o estado debe a Galiza 3.000 millóns de euros.

Ademais, recalcou que Galiza  precisa “dun presidente que actúe pensando primeiro nos intereses de todos os galegos e galegos e menos nas directrices que lle marca o PP dende Madrid”.

Por outra parte, asegurou que o PP debe comezar a recoñecer o gran erro do actual modelo de financiamento, un modelo de financiamento no que a chave dos cartos do noso país  está en Madrid. BNG defendemos outro modelo no que  os galegos e galegas “teñamos a chave dos nosos cartos”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.