Ana Pontón: “Algúns converten a campaña nunha competición de estrelas invitadas ou estreladas”

A candidata nacionalista afirma que nas eleccións galegas non está en xogo o futuro de Rajoy, Pedro Sánchez, Pablo Iglesias ou Rivera, está en xogo “abrir un tempo novo par crear emprego recuperar os servizos públicos e apostar pola igualdade”
Por o 08/09/2016 | Sección: BNG,Eleccións Galegas,Galicia
Ana Pontón: “Algúns converten a campaña nunha competición de estrelas invitadas ou estreladas”
Compartir en:

A candidata nacionalista afirma que nas eleccións galegas non está en xogo o futuro de Rajoy, Pedro Sánchez, Pablo Iglesias ou Rivera, está en xogo “abrir un tempo novo par crear emprego recuperar os servizos públicos e apostar pola igualdade”

No inicio da campaña lectoral, a  candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Ana Pontón manifestou que estamos “nunha campaña galega na que non está en xogo nin o futuro de Rajoy, nin Pedro Sánchez nin Pablo Iglesias ou Rivera” o que nos xogamos  é “abrir un tempo novo” para crear emprego, recuperar os servizos públicos e apostar pola igualdade.

No  transcurso dun almorzo informativo, a candidata nacionalista asegurou que para algunhas forzas políticas as eleccións galegas “son unha competición de estrelas invitadas ou estrelados” mentres no BNG centramos a nosa campaña para presentar as nosas propostas e alternativas así como un “programa de futuro que confía en Galiza”

“Temos experiencia, solvencia e seriedade para acadar o cambio que precisa Galiza”

Sabemos das dificultades do momento e que hai moitos galegos e galegas que o están pasando mal e que o camiño non vai ser fácil pero dende o BNG contamos cun programa e un proxecto concreto para poder saír adiante. “Temos experiencia, solvencia e seriedade para acadar o cambio que precisa Galiza”. Neste momento difícil, recalcou, non se precisan só proxectos ou ideas é necesario ter “solvencia e capacidade para que esas ideas podan converterse en feitos”.

A nosa campaña aposta pola “ambición do país confiando nas nosas capacidades e potencialidades” e confiando nas nosas propias forzas para  autoresponsabilizarnos do noso presente e do noso futuro.

Ana Pontón dixo que non é o momento de seguir facendo o mesmo pero tampouco de apostar por “experimentos e improvisacións”, é o momento “dun tempo novo” da man do BNG porque temos experiencia, rigor e seriedade e estamos convencidas e convencidos de que o BNG será  “a chave” para un goberno galego que defenda mudanzas no camiño de máis poder político para Galiza e máis autogoberno para xerar emprego, benestar e mellores servizos públicos.

O BNG comprometese a investigar o proceso de venda das Caixas galegas

O Estado investiu 8.000 M€ para sanear as caixas para malvendelas despois “co aforro dos galegos e galegas” a un empresario venezolano e hoxe mesmo o propio Estado ven de recoñecer que perdeu esa cantidade. Neste sentido, Ana Pontón  anunciou o  compromiso do BNG  para a próxima lexislatura de  investigar o proceso de  venda de Novagalicia Banco que cualificou de “fraude” por investir 8.000 M€ para vendela despois por 1.000M€. Os responsables deben dar explicacións, “hai unha débeda coa verdade” e deben ser depuradas todas as responsabilidades. Neste sentido,  tamén afirmou que “non é de recibo que os directivos das caixas galegas non foran xulgados por poñer en risco un dos maiores activos do noso país”. Hai responsabilidade dos xestores pero tamén “políticas” por malvender ese activo galego.

Con eses 8.000M€ engadiu, teriamos recursos para mellorar a sanidade e a educación. Temos claro que eses cartos deben retornar  ao erario público e dende o BNG imos a traballar en contra de salvar a Banca mentres as políticas de Feijóo “afoga os servizos e a calidade de vida no noso país”.