Ana Pontón anima á cidadanía a votar este domingo para decidir o futuro de Galiza

Fai un chamamento ás persoas que aínda non decidiron o seu voto e pídelles que pensen en que Galiza queren vivir e con que Galiza soñan
Publicado por o día 11/07/2020 na sección de BNG,Política

Ana Pontón anima á cidadanía a votar este domingo para decidir o futuro de Galiza

Na xornada de reflexión, a  candidata do BNG á presidencia da Xunta anima á cidadanía a votar o próximo domingo e que se  expresen nas urnas” porque estamos no momento  de “definir a Galiza do futuro”. Pídolle a xente, dixo, que participe activamente e  que pense “que Galiza quere construír, con que Galiza soña e que vote pensando en facer realidade ese soño” .Estamos nun momento decisivo para o noso País e hoxe é o día  no que as persoas que non teñan decidido o seu voto pensen na opción que máis os convence, en que país queren vivir. Pontón insistiu  na importancia de exercer o dereito de voto o vindeiro domingo 12 de xullo para decidir o futuro de Galiza.

A candidata do BNG agradeceu a todas ás persoas, militantes e non militantes, a súa colaboración no proceso electoral, sen elas, dixo, sería imposible realizar esta campaña porque nun primeiro momento  parecía unha campaña moi difícil pola situación da Covid-19 pero conseguimos ilusionar a moitas persoas ao redor do noso proxecto  e iso “fai que a política teña moito máis sentido”.

A candidata do BNG aproveitou a mañá  da xornada de reflexión para encontrarse cos seus familiares e amizades na praza de Abastos de Compostela.

Comentar noticia

Your email address will not be published.