Ana Pontón e o BNG de Vigo participaron na campaña para apoiar o pequeno e mediano comercio contra Porto Cabral

Publicado por o día 22/12/2017 na sección de BNG,Galicia,Política,Vigo

Ana Pontón e o BNG de Vigo participaron na campaña para apoiar o pequeno e mediano comercio contra Porto Cabral

Ana Pontón participou onte nun acto reivindicativo de apoio ao pequeno comercio en Vigo onde avanzou que o BNG presentará mocións no Parlamento galego e concellos da área da cidade olívica para crear o plan sectorial do comercio e unha moratoria ás grandes superficies comercias co fin de protexer o comercio local.

Pontón lembrou que estamos nunhas datas de grande consumo e o comercio de proximidade é un grande dinamizador nas cidades, “crea emprego e da vida aos barrios” polo que fixo un chamamento a todos os galegos e galegas a “consumir produtos do país pola súa calidade e porque é unha aposta polo noso”.

Pontón denuncia a importación a Vigo dun modelo de grandes áreas comerciais, “fracasado” en A Coruña

A portavoz do BNG, acompañada do responsable local, Serafín Otero, militantes e simpatizantes tamén se referiu á grande preocupación das asociacións de comerciantes, “a saturación de áreas comercias”. Sobre esta cuestión, lembrou o macroproxecto de Porto Cabral que implicaría a destrución de máis de 6.000 postos de traballo en Vigo e a importación do “modelo fracasado” da Coruña baseado nas grandes áreas comercias. Unha cidade como Vigo conta cun gran potencial no pequeno e mediano comercio, un sector que xera emprego de calidade e dinamiza os barrios e crea riqueza. “As grandes superficies comerciais benefician aos grandes capitais, crea emprego en precario e destrúe os barrios”, concluíu.