Ana Pontón pide comparecencia de Feijóo nunha Comisión das Caixas sen mordazas

O plan de traballo inclúe declaracións do ex director de Caixa Galicia e analizar a venda de activos a súa familia por debaixo do prezo de taxación

O BNG está empeñado en que a comisión de investigación da caixas non se converte nunha “fraude” para que a cidadanía coñeza por que Galiza perdeu 9.000 millóns de euros. Para iso, presenta un plan de traballo e de comparecencias que inclúe ao presidente da Xunta, responsables políticos con decisión no proceso de venda de NovaGalicia Banco e do ex director de Caixa Galicia.

“Feijóo debe comparecer porque é o máximo responsable da desaparición das caixas e de que Galiza sexa a única nacionalidade sen sistema financeiro propio”, alegou a portavoz nacional, Ana Pontón, quen tamén avanzou que o Bloque pide a comparecencia do ex director de Caixa Galicia, José Luís Méndez, e a análise de toda a documentación relativa á venda de activos da entidade a súa consorte por debaixo do prezo de taxación da propia caixa.

Dentro dese plan de traballo, o BNG solicita as comparecencias da ex conselleira e secretaria de Estado de Economía, Marta Currás, do que fora eurocomisario de Economía Joaquín Almunia, do ministro de Economía, Luís de Guindos, e de persoas directamente vinculadas á operación como o ex presidente do FROB, Fernando Restoy ou ex presidente de NCG, José María Castellano.

En relación á documentación que debe ser analizada na comisión de investigación, a formación nacionalista inclúe a auditoría de KPMG, “pola que se pagou un millón de euros e que serviu de base para xustificar a solvencia da fusión”, lembrou Pontón.

Igualmente, toda a documentación relativa á indemnización de Méndez e á venda de activos de Caixa Galicia por debaixo do prezo de taxación a súa esposa, Matilde Pascual Monzó, así como toda a información sobre o proceso de venda do FROB sobre o proceso.

Pontón enumerou as cuestións máis relevantes que fan necesarias as comparecencias e esa información adicional. As sentenzas posteriores á venda nas que se recollen problemas de insolvencia na operación de fusión, “contradicindo a diagnose feita no seu momento pola Xunta”, salienta, o informe do FROB indicando operacións irregulares por parte das caixas por importe de 170 M€.

Ademais, é preciso aclarar a venda acelerada da entidade fusionada a prezo de saldo, garantías por valor de 2.000M€, analizar o impacto que a falta dun sistema financeira está a ter na economía galega, ante a falta de crédito para familias e empresas. Neste sentido, o BNG lembra que Galiza ten a peor relación entre depósitos e créditos concedidos de todo o Estado, de tal xeito que o aforro galego está servindo para dar financiamento fora, mentres aquí a billa permanece case pechada.

A portavoz parlamentaria insistiu en demandar do PP unha comisión sen vetos nin mordazas. “Se ten a conciencia tranquila non porá atrancos a investigar o desfalco das caixas e do sistema financeiro de Galiza, porque o que non se pode é pretender facer borrón e conta nova ante o que foron unhas perdas millonarias para o país”, concluíu.


EXPOFACIC, Feria Agrícola, Comercial e IndustrialEXPOFACIC

Publicado por Noticias Vigo

Noticias de última hora en Vigo

ETIQUETAS:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Vigo Marketing

http://www.vigomarketing.com

Diseño web, posicionamiento, marketing y publicidad en Vigo

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá