Ana Pontón pide priorizar a igualdade na axenda política do goberno da Xunta

Reclama a Feixóo que saque do “conxelador” as políticas de Igualdade e poña en marcha medidas contra a violencia e a fenda salarial das mulleres
Por o 13/02/2018 | Sección: BNG,Política
Ana Pontón pide priorizar a igualdade na axenda política do goberno da Xunta

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón anunciou que a pregunta do BNG na sesión de control ao presidente será sobre a situación de desigualdade de xénero e a necesidade de frear o medre das desigualdades entre as que destacou “ a fenda salarial” entre mulleres e homes situada nun 30% por realizar o mesmo traballo.

A nacionalista pedirá a Feixóo que saque do “conxelador” as políticas de Igualdade e poña en práctica “a penalización e  rescisión de contratos públicos  con empresas acusadas de acoso sexual ou laboral”,  ademais de medidas destinadas a conseguir unha  “igualdade real”.

Pontón pedirá, a través dunha proposición no de lei, que  o  Parlamento recoñeza  ao feminismo galego e todas as mulleres que nel combateron pola defensa  dos dereitos das mulleres e que a Cámara galega “apoie publicamente”   a convocatoria de folga internacional  das mulleres convocada para o vindeiro 8 de marzo.

“As mulleres de todo o mundo estamos fartas de dicir que estamos fartas de soportar as maiores e máis altas  taxas de paro, estamos fartas das  violencias machistas e de  suplir coas nosas vidas a falta de servizos públicos ademais de ser as responsables da atención e coidado das persoas enfermas e dependentes e de  maneira gratuíta”.

A desigualdade “non cae do ceo nin é natural”, recalcou a nacionalista, é o resultado dun modelo político e social. Resulta urxente impulsar unha axenda galega contra os retrocesos neste ámbito.

Non queremos que cada 8 de marzo sexa  “un acto decorativo”, exiximos que muden as cousas e por iso a igualdade debe converterse nunha prioridade na axenda política que poña  fin a perda de dereitos, a desigualdade laboral e que reivindiquemos “máis servizos públicos, conciliación, corresponsabilidade” para rematar coa axenda neoconservadora do Partido popular.

Dende que goberna Feixóo,  as políticas de igualdade foron recortadas nun 77% e Feixóo, manifestou Pontón fai  coa boca pequena o mesmo que Raxoi coa boca grande, “nos temas de igualdade é mellor non meterse”. Dende o BNG respondemos que ao contrario, “queremos medidas reais contra a desigualdade”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.