Ana Pontón propón un servizo público de canguros para axudar ás familias á conciliar

“Nais e pais precisan unha solución xa porque ninguén pode permitirse perder un traballo ante unha crise económica sen precedentes e Feixóo limítase a descargar a responsabilidade sobre as familias con anuncios propagandísticos”, alega
Publicado por o día 03/06/2020 na sección de BNG,Política

Ana Pontón propón un servizo público de canguros para axudar ás familias á conciliar

A portavoz nacional, Ana Pontón, mantivo un encontro no domicilio dunha familia en Santiago, -María e Quique pais de dúas fillas de sete e tres anos-, coa que falou do reto de conciliar en tempos de coronavirus e dunhas dificultades que comparten miles de fogares galegos, con pais e nais obrigados a facer malabarismos para non perder o emprego que precisan para vivir e, ao tempo, atender aos fillos e fillas cando os centros escolares e as escolas infantís non abrirán até setembro.

“Tres meses despois do peche dos centros educativos e escolas infantís, Feixóo non aportou nin unha soa solución, nin unha soa axuda as país e nais que teñen que non poden enviar os fillos á escola ou gardería e que non teñen recursos para contratar a unha persoa. Todo o que fixo é un anuncio de rolda de prensa, na que o candidato do PP falou dunha subvención sen concretar, máis aló do titular, que ademais non resolve o problema”, explicou Pontón, tras o encontro coa familia, “eu mesma vou pedir axuda a miña nai para poder conciliar”.

A líder nacionalista recalou que as familias necesitan un solución urxente que lles permita conciliar e manter o seu posto de traballo, “porque ninguén pode renunciar a un salario cando temos enriba unha crise económica e social sen precedentes” e para iso o BNG propón poñer en marcha un servizo público de canguros que permita ás familias dispoñer dunha persoa que poda atender aos seus fillos e fillas con garantías mentres traballan até que en setembro reabran os centros escolares e as escolas infantís.

Un servizo público de canguros xestionado desde a Xunta, -a modo de bolsa de contratación de coidadores e coidadoras-, ao que podan acceder as familias q e na que a Administración pública actúe como intermediaria, un servizo con todas as garantías e accesible economicamente para as familias.

Neste sentido, a proposta do BNG inclúe que para as familias que teñan fillos e fillas de 0-3 anos a aportación sexa a mesma que estaban realizando neste momento por ter praza nas escolas infantís, é dicir, que o custe a desembolsar sexa a cota que paga na escola infantil e o resto con cargo ao orzamento da Xunta.

E para o resto das familias, -que non teñan fillos en escolas infantís ou con idades entre 4 e 12 anos, a súa contribución debe estar en relación ao nivel de renda en función dun baremos preestablecido. Deste servizo se beneficiarían toda as familias nas que traballen pai e nai tanto de xeito presencial como se realizan teletraballo, até que se recupere a normalidade nos centros escolares e nas escolas infantís, é dicir, até o mes de setembro.

Pontón criticou que o presidente da Xunta “pretenda descargar nas familias a responsabilidade da conciliación”, e contrapuxo esta proposta concreta “co anuncio propagandístico” feito polo candidato do PP, ao que interpelou para que explique “cantas familias pensa que se poden permitir contratar a unha persoa para coidar dos [email protected] cos salarios medios que hai no país, a onde acoden para facer esa contratación, cal é a coherencia de organizar campamentos de verán onde se poden xuntar ducias de nenos e nenas e sen embargo se considere inseguro abrir as escolas infantís cando é un entorno controlado?”.

Solucións para familias con persoas dependentes

A candidata á Presidencia tamén se referiu á situación das familias que teñen persoas dependentes ao seu cargo sen poder contar cos centros de día, que tamén precisan axuda e que para o Bloque “podería ser establecer uns servizos mínimos como xa prestan algúns centros privados facilitando a atención a estas persoas dependentes e posibilitando un descanso tamén as familias, mentres en paralelo se traballa para mellora a atención á dependencia, que debe empezar por reclamar os 200 M€ que o Estado debe a Galiza”.

A líder nacionalista tamén puxo sobre a mesa as propostas do BNG en materia de conciliación máis aló da situación de urxencia creada pola COVID19, con medidas estruturais que aposten por un novo reparto do tempo de traballo. Por iso, o seu programa inclúe a redución da xornada laboral de 35 horas semanais sen redución de salario, con horarios laborais que faciliten a co-responsabilidade e apostando por limitar a realización de horas extraordinarias.

Escolas infantís gratuítas para o 100% da poboación coa incorporación do tramo 0-3 no sistema público educativo. Igualmente, Poñer en marcha o I Plan de igualdade da Xunta para os e as traballadoras do sector público, negociado cos representantes sindicais. Un plan que recolla cuestións como o teletraballo e outros mecanismos que favorezan a conciliación.

Lei de igualdade do século XXI porque a que está en vigor é de 2004 e para manexarse e urxe elaborar unha lei de igualdade adaptada á realidade presente, que inclúa as demandas do movemento feminista.