Ana Pontón: “A resposta de Feijóo aos atascos da AP-9 é anunciar novas subidas das peaxes”

Publicado por o 19/04/2017
Ana Pontón: “A resposta de Feijóo aos atascos da AP-9 é anunciar novas subidas das peaxes”

A portavoz do BNG, Ana Pontón acusou hoxe a Núñez Feijóo de responder ao “enésimo atropelo de AUDASA”  botándolle a culpa dos atascos a Zapatero e ao mesmo tempo anunciando que continuarán as subidas das peaxes o vindeiro ano. É dicir, ante os abusos de AUDASA, dixo, “Feijóo en vez de defender aos galegos e galegas e os seus intereses, convertese no seu principal valedor”.

No mes decembro, explicou, a nacionalista,  De la Senra e Núñez Feijóo reuníronse co posterior anuncio de constituír unha comisión da AP-9 bilateral. Trala reunión, o  propio ministro de Fomento recoñecía que a xestión da AP-9 era “moi mellorable” e catro meses despois,  cál é o resultado desa comisión?. O resultado son “máis atascos e peaxes” e o que queremos saber é que papel vai desempeñar a Xunta de Galiza na “coxestión” da autoestrada. Cando se producen os atascos que “secuestran a miles de condutores e condutoras atrapados nas cabinas  das AP-9 hai que dar resposta.  dende o BNG témolo claro, recalcou, “ hai que levantar as barreiras” pero para Feijóo e o Partido popular parécelle  lóxico ter a atrapados a miles de condutores na AP-9 durante unha hora.

Si existe esa comisión bilateral, engadiu, debe defenderse un protocolo que obrigue a AUDASA a abrir as barreiras durante os atascos. Todo  o que está acontecer reforza a posición do BNG na reclamación da “transferencia da AP-9 a Galiza” e por iso, mañá mesmo , proporemos na Comisión de Ordenación territorial establecer un  calendario de tramitación da AP-9 para que no próximo mes de maio quede aprobada a solicitude da súa transferencia. Esta medida, recalcou a portavoz,  remataría coa posición “ chulesca e prepotente de AUDASA coa AP-9” e tamén sería o  primeiro paso para rematar “coas abusivas peaxes que pagamos por circular pola principal vía de comunicación do noso país”.

A nacionalista avanzou  que no vindeiro pleno, o BNG preguntará polas   negociacións entre Galiza e o Estado relacionadas coa mellora dos servizos públicos. Nesta liña, denunciou que a “submisión de Núñez Feijóo aos intereses do PP é un artigo de luxo que nos sae moi caro,   4.000M€ ao ano”. Esta cifra, explicou,  é produto de non defender un concerto económico que nos permitiría contar con 3.500M€ para mellorar a Sanidade, a Educación e a creación de emprego e 140 M€ que pagamos anualmente en peaxes. Por outro lado, dixo,   hoxe mesmo coñeciamos que debemos pagar  “a mochila do rescate das radiais madrileñas entre 3.500 e 5.000 M€ que sairán dos impostos de todos os galegos e galegas”.

Ana Pontón tamén censurou que o presidente da Xunta negue para  Galiza unha “tarifa eléctrica galega”, cando as empresas vascas aforran 10 millóns de euros  a través dunha  tarifa  propia. Pontón sumou a todos estes agravios o “recortazo” dos Orzamentos do Estado que deixa a Galiza sen 442 M€ para modernizar a rede ferroviaria galega e atender  outras necesidades como o saneamento das rías.

A portavoz do BNG censurou que o PP defenda na vindeira sesión plenaria unha proposta para modernizar o tren entre Coruña e Ferrol e avanzou que  o BNG proporá que os deputados e deputadas populares electos por Galiza, presenten unha emenda aos Orzamentos do Estado para defender  cartos para esta modernización. Si queren ser consecuentes con esta proposta, deben  dicirlle  alto e claro a Rajoy “que non aprobarán os orzamentos se non é recollida esa partida. O resto é pura foguetería e propaganda”.

Entre as propostas do BNG para o vindeiro pleno Ana Pontón tamén avanzou    a derrogación da orde que regula os centros concertados por representar  un paso máis cara a privatización do ensino e continuar cun modelo “machista e segregacionista”, reclamar unha “fiscalidade xusta” para os emigrantes retornados”, e a defensa dunha moción para que a Xunta actúe ante os incumprimentos da concesionaria das ambulancias en Galiza, xestión que está a ser investigada  xudicialmente.

Xa no apartado das preguntas ao goberno, o BNG interpelará ao Executivo sobre o aumento dos incendios na provincia de Ourense e como avalía a evolución do emprego no noso país e a súa precarización.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá