Ana Pontón traslada a Feixóo a necesidade dun plan económico para acompañar o desconfinamento

A portavoz nacional afirma que cómpre dar resposta aos sectores afectados pola crise e propón axudas para as persoas autónomas e un plan de rescate para os sectores do turismo e comercio que representan o 11% do emprego en Galiza
Publicado por o día 03/05/2020 na sección de BNG,Política

Ana Pontón traslada a Feixóo a necesidade dun plan económico para acompañar o desconfinamento

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón anuncia que trasladará ao Presidente da Xunta unha proposta para acompañar o desconfinamento dun “plan económico” que responda ás demandas dos diferentes colectivos entre os que salientou aos traballadores e traballadoras  autónomas. Este   sector, explica a portavoz do BNG, conta con axudas en Euskadi e Catalunya mentres o goberno galego non está a dispoñendo  de “axudas de directas para o  colectivo”. Na xuntanza telemática con titular do Executivo, Pontón insistirá na necesidade de poñer en marcha “plan económico” con medidas específicas de apoio ao comercio e a actividade turística.

Para a nacionalista, dos sectores máis afectados pola crise económica,  será o turismo e o comercio que representa o 11% do emprego en Galiza, sectores que precisan dun “plan de rescate” para facer fronte a crise provocada pola  COVID-19. Pontón cualifica a apertura dos negocios de “precipitada” e con risco de desencadear unha grande perda económica e de emprego polo que urxe  á “Xunta a pasar da crítica á acción” e poñer en marcha un “plan económico” de apoio ás medidas de desconfinamento para que sectores como o turismo non  sexan arrasados por unha crise económica cun forte impacto en Galiza.Coñecemos, dixo, as críticas do goberno galego ao plan de  medidas do goberno central pero descoñecemos “as alternativas” da Xunta para enfrontar o desconfinamento polo que insistiu na necesidade de presentar medidas  económicas de apoio  ás persoas autónomas, comercio e turismo. Desta crise, abondou, temos que sacar unha lección, os traballadores e traballadoras que o están a dar todo durante este período son precarios e precarias e esta condición deberá ser abordada polo goberno galego para rematar cunha precariedade laboral que afecta, de maneira maioritaria  ás mulleres. “O Goberno galego debe pasar da crítica á acción”, reiterou  á nacionalista.

Comentar noticia

Your email address will not be published.