Ana Tobar, nova subdirectora de procesos asistenciais da área sanitaria de Vigo

Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria , é Inspectora Médica de Servizos Sanitarios da Xunta de Galicia desde hai 15 anos
Publicado por o día 28/05/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

Ana Tobar, nova subdirectora de procesos asistenciais da área sanitaria de Vigo

A Xerencia da área sanitaria de Vigo vén de designar á doutora Ana Tobar Quintanar como nova subdirectora de Procesos de Soporte da EOXI de Vigo. Tobar é inspectora médica, funcionaria de carreira por oposición do Corpo de inspección de Servizos Sanitarios da Xunta de Galicia desde hai 15 anos. Licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela, é especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Realizou o seu período de residencia no Centro de Saúde de Sárdoma e posteriormente desempeñou a súa actividade en distintos centros de Atención Primaria da área sanitaria.

Nos seus anos na Inspección dedicouse inicialmente á saúde laboral e incapacidades temporais para, posteriormente, centrar a súa actividade no control de centros sanitarios.

Máis recentemente desenvolveu a súa actividade profesional en procesos orientados a acreditacións e auditorías dos centros e servizos sanitarios.

Co nomeamento da doutora Tobar, a EOXI de Vigo cubre un posto de dirección que estaba vacante, reforza a estrutura de Soporte da organización e adáptase ás novas esixencias dos distintos procesos asistenciais.