A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Turismo mosense, Sara Cebreiro, e o presidente da Fundación Pazo de Mos, Antonio Rial, acompañaron esta tarde á cantante Andrea Pousa na presentación do terceiro e último videoclip da súa Triloxía Meiga, que foi rodado no Pazo de Mos e leva por título Alalá Meigo.
Tamén estiveron presentes os productores audiovisuais do proxecto, Fran Cortizo e o mosense Alberto Cortés, de OCO Visual Media.
Outra mosense que colabora neste proxecto é a cantante de Pereiras, Antía Caride, que se encarga dos estilismos de Andrea Pousa para esta triloxía.
O estreo mundial de Alalá Meigo produciuse o pasado 21 de decembro en Estados Unidos no Noticieiro da Televisión Americana Americatevé de Miami, onde Andrea Pousa foi tamén entrevistada pola xornalista Irene Díaz.
A Triloxía Meiga de Andrea Pousa conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Linguística, que dirixe o Secretario Xeral Valentín García Gómez, e dos concellos colaboradores no proxecto: o Concello de Mos, o de O Vicedo, e o de Negreira.
A trioloxía consta dunha serie de 3 videoclips (o 1º foi Axendados, o 2º Camiñares e este 3º e último Alalá Meigo) todos cunha trama relacionada entre sí. Co obxetivo de protexer e difundir o patrimonio cultural, fomentar o uso da lingua e divulgación do Camiño de Santiago, e apostar pola cultura nestes tempos nos que é tan necesario, e máis imprescindible que nunca, mantela viva. Este proxecto foi realizado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.
Noticias de última hora en Vigo