Andrés Díaz dimite como secretario de organización do PSdeG-PSOE na provincia de Pontevedra

Publicado por o día 25/01/2018 na sección de Política,PSOE

Andrés Díaz dimite como secretario de organización do PSdeG-PSOE na provincia de Pontevedra

O alcalde de Ponte Caldelas Andrés Díaz recen elexido como secretario de organización do PSdeG-PSOE na provincia de Pontevedra presentou a súa dimisión nun comunicado decindo que o sentia moito.

“Presentei a miña dimisión como secretario de Organización do PSdeG-PSOE na provincia de Pontevedra. Unha decisión meditada que tomei de xeito responsable, despois de comunicala previamente ao meu secretario xeral provincial, David Regades”.

“Ben sei que esta dimisión chega un mes despois da toma de posesión, pero o certo é que non estaba cómodo porque non compartía algunhas das actuacións tomadas, nin tampouco outras en marcha. Non podo ocultar que discrepo da xestión orgánica emprendida e tampouco que estou moi molesto por outros temas que afectaron á xestión do Concello de Ponte Caldelas”.


“Cando tomei a decisión de presentarme ás últimas Primarias provinciais socialistas foi para tentar cambiar as cousas nas provincia, dar un paso a prol da integración entre todas as sensibilidades e, sobre todo, apoiar ás agrupacións locais, que son as grandes abandonadas. Eses mesmos principios foron a base do acordo polo que xuntei a miña candidatura coa de David Regades”.


“A min ter un posto orgánico dábame igual, eu só quixen achegar a miña visión dende unha agrupación pequena á dirección do partido cun liderado compartido. Axudar ao meu partido, tendo moi claro que a miña principal ocupación e devoción é o servizo á veciñanza de Ponte Caldelas coa que estou comprometido ao 150%”.


“Marcho da Executiva provincial con tranquilidade e desexándolle toda a sorte e os máximos éxitos. Estou seguro de que en 2019 vai haber moito que celebrar nesta provincia porque imos conquerir alcaldías e conseguiremos catro anos máis dunha Deputación moderna e ben afastada daqueles tempos caciquís do PP de Louzán”.


“A partir de agora estou a disposición do meu secretario xeral, tanto como alcalde como militante de base”, sentencia.