Andr茅s D铆az esixe explicaci贸ns a Alfonso Rueda sobre a creaci贸n dun posto “a dedo” de funcionario para Ant贸n Xil no concello de A Lama

D铆az considera esta situaci贸n como un “fraude pol铆tico de cara aos votantes do Partido Popular aos que respecta moit铆simo. En pol铆tica, independentemente das siglas polas que te presentes, 茅ntrase para servir 谩s veci帽as e veci帽os e non para servirte ou lucrarse”
Publicado por o d铆a 04/11/2019 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

Andr茅s D铆az esixe explicaci贸ns a Alfonso Rueda sobre a creaci贸n dun posto “a dedo” de funcionario para Ant贸n Xil no concello de A Lama

O Goberno Local de Ponte Caldelas esixe explicaci贸ns a Alfonso Rueda, presidente do Partido Popular en Pontevedra, polo que considera un claro caso de enchufismo, como premio a Ant贸n Xil por ter sido o candidato do Partido Popular en Ponte Caldelas nas pasadas elecci贸ns.

O Goberno presidido por D铆az quere lembrar que Xil foi elixido in extremis como candidato do PP cando non atopaban a ningu茅n. Un feito que xa por aquel ent贸n sorprendeu a todos, xa que Ant贸n Xil reside en Forz谩ns pero non 茅 nativo de Ponte Caldelas. Ademais, como se amosou no seu d铆a, Ant贸n Xil foi militante do Partido Comunista de Galicia, incluso chegou a ir de n煤mero 8 nas listas ao Parlamento Galego. Por este motivo sorprende que un home que foi nun partido independentista e comunista encabece a lista do Partido Popular en Ponte Caldelas, sorprende que o PP aceptase unha candidatura onde o cabeza da lista presumise de ser independentista e non fose afiliado do Partido Popular.

O que xa se sospeitaba por aquel ent贸n, engade D铆az, agora xa 茅 unha realidade “pois xa se est谩 ultimando o premioenchufe a Ant贸n Xil no concello de A Lama”.

Ante unha pol铆tica transparente o rexedor caldel谩 esixe responsabilidades a Alfonso Rueda sobre estes feitos, que cualifica de “vergo帽entos”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.