Carmen e Rogelio Santos, secretaria xeral e secretario de mar de Podemos Galicia, intervirán en Ribeira.
O xornalista e director da revista Alternativas Económicas Andreu Missé impartirá mañá mércores dúas conferencias nas que presentará o seu libro “La Gran Estafa de las Preferentes”, no que aborda os abusos por parte das entidades bancarias durante os anos da crise e a impunidade coa que actuaron.
A primeira das presentacións terá lugar ás 17.00 na Casa das Campás de Pontevedra (r/ Don Filiberto). O acto contará coa participación do economista Fernando Martínez e do voceiro do grupo parlamentario autonómico de En Marea, Luís Villares.
Posteriormente, ás 20.30, Missé levará a cabo unha segunda presentación, esta vez no Ateneo Valle-Inclán (Praza de Compostela 11) de Ribeira, na que tamén intervirán a secretaria xeral de Podemos Galicia e o secretario de Mar, Carmen e Rogelio Santos, Con estas dúas presentacións, Andreu Missé remata o ciclo de conferencias que nestes pasados días ofreceu da man de Podemos Galicia por algunhas cidades e vilas da xeografía galega.
Andreu Missé i Ferran é un xornalista catalán, licenciado en dereito pola Universidade de Barcelona e director da revista Alternativas Económicas.
Missé iniciou a súa carreira na revista Primera Plana e foi membro fundador de El Periódico de Catalunya. No ano 2009 foi galardoado co premio Salvador de Madariaga e, no 2015 co premio internacional de xornalismo Manuel Vázquez Montalbán.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.