√Āngeles V√°zquez destaca o Parque Nacional Illas Atl√°nticas como turismo sostible e seguro, con case 250.000 visitas

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funci√≥ns visitou esta ma√Ī√° as Illas C√≠es, na que nos mes de agosto se cubriu o cupo de visitantes todos os d√≠as
Publicado por o d√≠a 31/08/2020 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

√Āngeles V√°zquez destaca o Parque Nacional Illas Atl√°nticas como turismo sostible e seguro, con case 250.000 visitas

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funci√≥ns, √Āngeles V√°zquez, destacou esta ma√Ī√° que as illas do Parque Nacional Mar√≠timo Terrestre Illas Atl√°nticas de Galicia √© sin√≥nimo de turismo sostible e seguro.

A conselleira de Medio Ambiente visitou esta ma√Ī√° as Illas C√≠es, que no mes agosto cubriu o cupo todos os d√≠as, onde explicou que a pesar de que este ver√°n foi at√≠pico, debido ao coronavirus e √°s precauci√≥ns que se tiveron que adoptar por parte de todos -‚ÄĚun feito que modificou as pautas do turismo‚ÄĚ, recordou- o Parque Nacional recibiu un total de 245.350 visitas entre os meses de xullo e agosto.

Segundo explicou a conselleira, o n√ļmero de visitante descendeu un 16,6%, respecto do ano anterior, cando se rexistraron 294.200 persoas. A pesar desta cifra, son datos bos e positivos (dende o punto de vista tur√≠stico), xa que no contexto actual produciuse unha diminuci√≥n importante do fluxo de visitantes, sobre todo de visitantes internacionais; polo que os meses de xullo e agosto predominou o turista nacional e rexional.

Recordou que as visitas ao Parque reanud√°ronse o 20 de xu√Īo, pois en Semana Santa, o mes de maio e parte de Xu√Īo, per√≠odos tam√©n de gran afluencia de actividades escolares, estivo pechado por precauci√≥n para evitar o avance da Covid-19. Tendo en conta este escenario, o n√ļmero de visitante no que vai de ano sit√ļase nos 263.527 visitantes.

Esta cifra é unha mostra de Galicia ten a sorte de ofrecer unha rica alternativa turística que permite realizar actividades ao aire libre, en espazos abertos e, polo tanto, con moitos puntos a favor neste contexto recente marcado polas precaucións sanitarias que todos debemos cumprir, manifestou a conselleira.

Nese sentido, salientou o esforzo que realiza o Goberno galego por protexer e manter o patrimonio natural e revitalizar o seu atractivo. A modo de exemplo recordou que en 2019 e 2020 se destinaron 1,5 mill√≥ns de euros √° conservaci√≥n, √° eliminaci√≥n de especies ex√≥ticas invasoras no Parque Nacional e ao desenvolvemento de programas educativos relacionados coas ameazas ao medio mari√Īo.

Agradecemento aos visitantes e persoal

A conselleira de Medio Ambiente tamén quixo agradecer o bo comportamento dos visitantes, xa que non se detectaron incidencias importantes e sobre todo seguiron as recomendacións e directrices indicadas polo persoal do Parque Nacional, que traballou con seguridade e responsabilidade.

Explicou que para garantir a seguridade dos visitantes, e do persoal que traballa no Parque, fixéronse pequenos cambios, como a eliminación da información en papel, primado os recursos informativos con código QR; e acondicionáronse as casetas e puntos de información para unha atención máis segura dos visitantes, extremando a precaución para evitar aglomeracións; así como se replantexaron as actividades para ofrecer pequenas rutas e encontros interpretativos con afluencia limitada e distancia social.

Comentar noticia

Your email address will not be published.