Ángeles Vázquez pide ao Alcalde de Vigo que as esixencias que demanda á Xunta para desbloquear os proxectos importantes de Vigo os traslade coa mesma rotunidade ao goberno central

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda declarou esta mañá nunha entrevista en Onda Cero que a Xunta de Galicia non para de traballar en solucións para os veciños da Cidade olívica
Publicado por o día 17/02/2020 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Ángeles Vázquez pide ao Alcalde de Vigo que as esixencias que demanda á Xunta para desbloquear os proxectos importantes de Vigo os traslade coa mesma rotunidade ao goberno central

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, afirmou esta mañá que a esixencia e rotundidade que o alcalde de Vigo demanda e solicta á Xunta para desbloquear os proxectos importantes para a Cidade olívica, debería aplicala cando se dirixe ao Goberno central.

A conselleira de Medio Ambiente fixo estas declaracións esta mañá nunha entrevista en Onda Cero Vigo, onde recordou que “quen paraliza os grandes proxectos de Vigo non é a Xunta, senón o ministro Ábalos”.

Nese sentido, e tras coñecerse a reunión que esta mesma tarde terá o alcalde de Vigo e o director de Aviación Civil, Raúl Medina, “esperamos que hoxe mesmo trasladade ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana coa mesma vehemencia coa que se dirixe á Xunta para avanzar en dous proxectos urbanísticos de calado para a cidade, como son a ampliación do Ifevi (Instituto Feiral de Vigo) e Recaré; bloqueados neste momento por organismos dependentes do Goberno que preside Pedro Sánchez.

Salientou que -aínda que haxa quen non queira admitilo- a Xunta de Galicia non para de traballar e de buscar solucións aos problemas dos veciños e do tecido empresarial de Vigo, porque a cidade máis poboada da Comunidade non pode nin debe paralizarse; xa que ademais é un dos motores económicos de Galicia.