Ángeles Vázquez recibe á asociación Down Compostela para valorar posibles liñas de colaboración

A conselleira salientou o traballo desta entidade e sinalou que, en definitiva, “o obxectivo é traballar por mellorar a calidade de vida dos veciños do rural, neste caso cunhas necesidades especiais”
Por o 23/03/2017 | Sección: Galicia,Santiago,Vigo,Xunta de Galicia
Ángeles Vázquez recibe á asociación Down Compostela para valorar posibles liñas de colaboración

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse co presidente da asociación Down Compostela, Juan Jesús Martínez, coa intención de escoitar as súas demandas e necesidades. Neste encontro, Vázquez explicoulle as posibles fórmulas de apoio ás que podería acceder a entidade e comprometeuse a valorar estas liñas de colaboración.

“O obxectivo en definitiva é o mesmo, traballar por mellorar a calidade de vida dos veciños do rural, neste caso cunhas necesidades especiais”, sinalou Vázquez, quen agradeceu ao portavoz de Down Compostela a “encomiable” labor que desenvolven a prol deste colectivo.

Down Compostela é unha asociación que dende o ano 2006 leva traballando pola integración e a autonomía das persoas con síndrome de Down. Actualmente colaboran con máis dun cento de familias dunha trintena de municipios da área de influencia de Santiago.