Animación á lectura con SABELA GAGO

Publicado por o día 14/12/2017 na sección de Galicia,Pazos de Borbén

Animación á lectura con SABELA GAGO

Rematamos as actividades do ano 2017 cunha última contada para todos os alumnos de Infantil e Primaria do Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos e da EEI “A Galeriña” de Nespereira.

Esta contada “CONTA CONMIGO” será levada a cabo pola actriz, directora, contacontos e moitas cousas máis SABELA GAGO e está patrocinada polas Editoriais Santillana – Obradoiro nunha nova campaña de colaboración de BiblioPazos coas editoriais galegas.

Así que xa sabedes, o martes 19 de decembro terá lugar na Sala de Lectura da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén o espectáculo de narración oral “CONTA CONMIGO”unha contada onde os rapaces e rapazas participarán activamente, serán protagonistas das historias que se van sucedendo para facer dos contos unha sesión dinámica de goce e coñecemento. Unha viaxe en avión ou nave espacial, según elixan os protagonistas, un galiñeiro cheo de ovos únicos ou un camaleón en apuros, son algunas das historias que os alumnos e alumnas poderán vivenciar entre coreografías grupais e personaxes fantásticos. A clave estará en espertar a imaxinación.

Sabela Gago é licenciada en Pedagoxía e Diplomada en Maxisterio, reside en Ourense onde compaxina a súa actividade como actirz, produtora e docente teatral na Compañía Sarabela Teatro, co traballo de Especialista en temas de Animación á lectura no Concello de Ourense, Centros de Formación, Bibliotecas, Editoriais e Centros Educativos de Galicia.

S