Anova advirte a Rajoy que “a súa estratexia de impor o estado de terror non é a solución a un problema político”

O Goberno Rajoy debe deter xa os mecanismos represivos propios dun estado policial e respectar que se vote.
Por o 13/09/2017 | Sección: Anova,Política
Anova advirte a Rajoy que “a súa estratexia de impor o estado de terror non é a solución a un problema político”

O que está a acontecer en Cataluña evidencia que chegamos xa a un momento no que os dereitos e liberdades fundamentais están postos en xaque polo goberno do estado. Para Anova, “utilizar á Garda Civil para rexistrar redaccións de xornais e imprentas ou prohibir actos en apoio do referendo foron só o preludio. Hoxe coñecemos que todos os alcaldes e alcaldesas que ceden locais para que se poida votar neste 1-O foron chamados a declarar e ameazados con detencións”.

“O Partido popular non buscou nunca unha solución política ás reclamacións do pobo catalán. Estamos perante un partido herdeiro do franquismo e representante do Réxime do 78 que, coma tal, atúa. Xudicializar un clamor masivo coma ben vimos nesta e anteriores Diadas, en troques de propor solucións democráticas como aconteceu en Escocia non fai máis que poñer ao PP diante do seu espello autoritario”.

“O Goberno do PP quere impor o medo acudindo ao estado de excepción encuberto e de terror. Pretende desactivar, no marco dunha estratexia que busca socializar o medo entre as funcionarias e funcionarios e cargos electos democraticamente que son necesarios para o normal desenvolvemento da xornada electoral”.

“Queren establecer, na práctica, un estado de excepción non declarado porque saben que a única maneira de frear o proceso democrático é impedindo a participación popular. Mentres que a xente reclama votar os principais poderes económicos, xudicicias e mediáticos do Estado español e de Catalunya pechan filas entorno a Mariano Rajoy e o seu goberno”.

“Atopámonos diante dos resortes dun estado policial máis propio de tempos ditatoriais que do século XXI. A lamentábel actuación do Goberno do Estado só pon en evidencia que o Réxime do 78 está xa morto”.

“Dende Anova queremos amosar toda a nosa solidariedade ante a vaga represiva á que estamos asistindo e poñémonos a disposición do proceso democrático catalán. A única saída pasa por escoitar a vontade do conxunto do pobo. Se isto non é posible, Anova poñerase do lado da desobediencia en prol da democracia mais elemental. Hoxe van por Cataluña, mañá (xa hoxe) a polo resto”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.