ANOVA apela a Rajoy a rematar coa vía represiva e autoritaria, aceptar o diálogo e respectar o dereito a decidir

Para Anova “carece de sentido que o Goberno de Rajoy insista na liña autoritaria ou na aplicación do 155. De ser asi, sería a expresión do seu fracaso politico”.
Por o 10/10/2017 | Sección: Anova,Galicia,Política
ANOVA apela a Rajoy a rematar coa vía represiva e autoritaria, aceptar o diálogo e respectar o dereito a decidir

Foto arquivo

Na súa avaliación do acontecido este serán no Parlament de Catalunya, Anova considera que “un proceso de autodeterminación fundaméntase no poder da xente do común, na decisión democrática soberana dun pobo que non se reduce a unnha declaración formal dun Goberno ou dun Parlamento. Os cidadáns de Catalunya fixeron efectivo o seu dereito a decidir o 1-O e sinlaron a República Catalá como o seu horizonte político soberano”.

A tolerancia e o respecto fronte á criminalización 

Para Anova o 1-O demostrou a “baixa calidade democrática do Réxime do 78. Nesa liña advirte, que durante os últimos días e desde diversa instancias, algúns adicáronse a criminalizar aos que defendemos o dereito a decidir, e mesmo a aqueles que sen partillar esa posición apostaron polo diálogo como instrumento para resolver un conflito en lugar da represión do estado. Nese sentido, Anova reprocho a actitude “irresponsábel e ultra de Feijoó que saltándose o seu papel institucional se adicou a crispar en vez de adoptar un rol pacifista”. Desde Anova obsérvase como se aproveitou o procés para atacar dereitos e liberdades e recortar os dereitos civís de toda a cidadanía no estado.

Unha vez escoitada a iniciativa de diálogo proposta hoxe, “cremos que non ten ningunha razón de ser a posíbel tentación do estado de camiñar cara cara un estado de excepción, aplicar o 155 ou insistir na criminalización da decisión do pobo de Catalunya. A vía autoritaria é tan só a expresión do fracaso do Goberno de Rajoy para enfrontar a crise política do Réxime do 78″

Está claro, puntualiza Anova, que o avance do proceso depende da vontade do pobo catalán. A República Catalá ven empurrada polo pobo mediante un exercicio de democracia radical. A nosa solidariedade está con Catalunya que quer decidir libre e pacíficamente”.