Dentro de 55 días os galegos e galegas remataremos nas urnas coa década negra neoliberal de Alberto Núñez Feijóo. Debemos poñer políticas que garantan unha Galiza social, que remate cos recortes na sanidade, na educación e nos servizos sociais.
Dende Anova consideran que é fundamental rematar con dez anos de goberno que non fixeron outra cousa que deteriorar o benestar de galegos e galegas. O goberno de Núñez Feijóo non deixa de ser unha coalición do Partido Popular con determinados intereses empresariais, cuxo programa confronta cos intereses da xente do común e coa defensa da soberanía de Galiza.
Dende Anova traballaran con xenerosidade e altura de miras para sumar como levamos facendo dende 2012 e poder rematar canto antes coas políticas anti-sociais do Partido Popular. Estaremos presentes o 5 de abril co obxectivo de abrir a nova etapa que Galicia merece, redactan nun comunicado.
“Precisamos acadar unha nova maioría parlamentaria que a partir de abril poña os intereses da xente do común por riba dos das grandes corporacións. Dende unha aposta ambiciosa que reverta os recortes na sanidade e no noso sistema de benestar, cunha aposta decidida pola nosa lingua e a nosa cultura, que reforce o autogoberno e camiñe a prol da soberanía de Galiza”, finalizan no seu comunicado.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.