Anova-IN continúa a rolda de xeiras en Ferrol

“As Xeiras, procesos abertos a militantes, simpatizantes e a todas as persoas interesadas en participar, rematarán nunha Conferencia Política Nacional.
Por o 28/11/2017 | Sección: Anova,Ferrol,Galicia,Política

Este mércores día 29 de novembro, celebrarase na cidade de Ferrol, a seguinte rolda das Xeiras de Anova-Irmandade Nacionalista que van celebrarse por toda Galiza ao longo das vindeiras semanas.

As Xeiras son procesos de participación política transparentes e abertos a toda a militancia, simpatizantes e todas aquelas persoas interesadas no debate e discusión política que permiten escoitar e achegar propostas encamiñadas a enriquecer o debate político. Concíbense coma traballo político-organizativo que ten como fin resintonizar coa cidadanía e actualizar as súas preocupacións e demandas no actual contexto político de involución democrática xeralizada. Os debates centraranse tamén en, desde a perspectiva do momento político actual e da esquerda rupturista, tomar posicións cara as eleccións municipais e europeas. Prevense sete Xeiras nas principais capitais do país, nun principio, con posibilidade de celebrar algunha máis.

Unha vez rematado este proceso, o último chanzo será a celebración dunha Conferencia Política Nacional.

PREVISIÓN:

A Xeira deste mércores día 29-N ten por título: “Crise política e saída autoritaria do Réxime do 78” terá lugar no Antigo Hospicio Municipal ás 20:00 horas e contará coa presenza do Portavoz Nacional de Anova Antón Sánchez, Xosé Manuel Beiras e Xiana Penedo.