Anova-IN inicia as “xerais” por toda Galiza como exercicio transparente de participación

As Xeiras, procesos abertos a militantes, simpatizantes e a todas as persoas interesadas en participar, rematarán nunha Conferencia Política Nacional.
Publicado por o día 21/11/2017 na sección de A Coruña,Anova,Galicia,Política

Anova-IN inicia as “xerais” por toda Galiza como exercicio transparente de participación

Este mércores día 22 de novembro, iniciaráse, na cidade da Coruña, a rolda das Xeiras de Anova que van desenvolverse por toda Galiza ao longo das vindeiras semanas.

As Xeiras son procesos de participación política transparentes e abertos a toda a militancia, simpatizantes e todas aquelas persoas interesadas no debate e discusión política que permiten escoitar e achegar propostas encamiñadas a enriquecer o debate político. Concíbense coma traballo político-organizativo que ten como fin resintonizar coa cidadanía e actualizar as súas preocupacións e demandas no actual contexto político de involución democrática xeralizada. Os debates centraranse tamén en, desde a perspectiva do momento político actual e da esquerda rupturista, tomar posicións cara as eleccións municipais e europeas. Prevense sete Xeiras nas principais capitais do país, nun principio, con posibilidade de celebrar algunha máis.


Unha vez rematado este proceso, o último chanzo será a celebración dunha Conferencia Política Nacional.