Despois do acontecido nestes últimos días evidenciouse o estado de excepción ao que a dirección someteu ao espazo de En Marea, nun proceso onde foron violentados os acordos do Plenario do 27 de outubro. Asistimos a un espectáculo bochornoso no que o noso espazo político padeceu un desgaste impresionante froito dunha actitude irresponsable que estaba ao servizo unicamente de fortalecer a unha parte de En Marea sobre a outra e non solucionou ningún dos problemas que vimos analizando nos últimos meses.
Nese sentido Anova abrirá un período de reflexión co obxectivo posto nun inicio de ano decisivo no que nos xogamos moito nas diferentes cidades e vilas nas que gobernamos ou aspiramos a gobernar. Un período de reflexión e de toma de decisións no que buscaremos colectivamente o mellor para a Unidade Popular en Galicia e para os intereses das clases subalternas.
Noticias de última hora en Vigo