Anova non comparte a iniciativa da eurodeputada Senra sobre as vacinas

Publicado por o día 09/12/2017 na sección de Anova,Galicia,Política,Sanidad

Anova non comparte a iniciativa da eurodeputada Senra sobre as vacinas

Ante o coñecemento da pregunta rexistrada pola Eurodeputada no Parlamento europeo, Lidia Senra, relativa ás vacinas, Anova quere manifestar o seguinte:

A posición expresada na dita iniciativa non foi consultada nin é compartida por esta organización política.

As decisións sobre iniciativas da representación política deben ser sempre colectivas; o contrario é faltar ao compromiso co electorado. Agardamos que non se insista nunha liña de decisións individuais non compartidas con ningunha das organizacións que promoveron a súa candidatura.

A vacinación sistemática da poboación supuxo nas últimas décadas un avance notorio na saúde pública, na medida en que conseguiu erradicar ou minimizar ostensiblemente a transmisión de enfermidades infecciosas que noutro tempo foron mortais ou indutoras de graves secuelas.

Tendo en conta que non existe ningún fármaco que careza de efectos secundarios, as vacinas incluídas no calendario vacinal sistémico teñen,despois de pasar diversas e rigorosas probas, un balance risco-beneficio demostrado. E sobre elas realízase, como no resto de medicamentos, un seguimento de control e vixilancia

Unha redución significativa na porcentaxe de vacinacións do sistema público sería un risco evidente non só para as persoas que o deixasen de facer, senón tamén para a sociedade en xeral, polo que non se debe alentar tal feito.

A influencia da industria farmacéutica e dos seus intereses meramente mercantilistas non se pode obviar, e sería desexable que a investigación e fabricación de produtos sanitariostranscorrese por outras vías. Aínda así, este argumento non nos pode levar a consideraras vacinas como elementos prescindibles para a saúde pública.

Dende Anova, queren máis e mellor sanidade púlica, que funcione con criterios científicos e sociais, que sexa universal e que non deixe a ninguén fóra. Polo tanto, non quixeramos desaproveitar a ocasión para reivindicar a volta á universalidade da atención sanitaria, limitada polo Partido Popular, e a cobertura de persoas migrantes, non só conforme a criterios de protección da súa saúde colectiva, senón -especialmente- por unha cuestión de xustiza.