Anova participará na manifestación a favor do dereito a decidir en Madrid

Unha delegación de Anova asistirá este sábado 16 de marzo a Madrid para participar na manifestación convocada pola Asemblea Nacional Catalá (ANC) e Ómnium Cultural baixo o lema “A autodeterminación non é delito”
Por o 15/03/2019 | Sección: Anova,Política
Anova participará na manifestación a  favor do dereito a decidir en Madrid

Unha delegación na que participarán as membros da Permanente Gladys Afonso e Iria Otero asistirá o vindeiro sábado 14 de marzo a unha manifestación a prol do dereito a decidir dos pobos. Pretende ser unha convocatoria masiva, que demostre a capacidade de mobilización democrática diante da deriva represiva e reaccionaria que padecemos neste momento no Estado español.

A manifestación convocada pola ANC e Ómnium Cultural pretende evidenciar en Madrid a defensa da democracia e do dereito a decidir dos pobos, contra a involución democrática e a favor da ampliación dos dereitos e as liberdades. Unha afirmación democrática contra a cerrazón centralista e o auxe das novas formas de fascismo, que atoparon un caldo de cultivo idóneo en moitas das manifestacións públicas do bloque do 155.

Nestes momentos no Tribunal Supremo están a ser xulgados dirixentes de plataformas cívicas e de organizacións políticas que levan máis dun ano en prisión preventiva e que enfrontan altas penas referidas á organización do referendo autodeterminista do 1 de outubro de 2017. Un proceso marcado pola parcialidade e a falta das mínimas garantías de defensa, como evidenciaron xa os interrogatorios dos procesados e das testemuñas, elementos que se suman ao feito de que diferentes tribunais europeos negáronse a extraditar e a abrir investigacións a persoas que nestes momentos están exiliadas e son acusadas polos mesmos presuntos delitos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.