Anova participará nos actos da Díada neste 11-S

Unha delegación de Anova, encabezada polo Portavoz Nacional Antón Sánchez, participará nas celebracións e mobilizacións deste 11 de setembro en Cataluña, nun momento no que aumentan as presións do executivo de Mariano Rajoy para impedir que a cidadanía poida expresarse libremente no referendo do 1-O.
Publicado por o día 10/09/2017 na sección de Anova,Política

Anova participará nos actos da Díada neste 11-S

Desde Anova queren coa sua presenza mostrar o apoio á celebración do referendo do 1-O e as lexítimas aspiracións de liberdade e de cambio político das forzas sociais e políticas que estes anos levan defendendo o dereito a decidir.

“Agardamos que as presións mediaticas, xudiciais e represivas non sexan quen de impedir que os cidadáns de Cataluña poidan decidir, mediante o seu voto, cal queren que sexa o futuro do seu país.”

Mesmo, en recentes declaracións, o presidente da Xunta de Galiza deturpa e rebaixa a lexitimidade da institución que preside nun exercicio indigno de subordinación da administración aos intereses do Partido Popular.

Como antídoto contra o medo que algúns de maneira interesada pretenden inocular na sociedade catalá, percorrerán este 11-S as rúas de Barcelona coas mulleres e homes que apostan, dende un exercicio de democracia radical, pola constitución da República Catalá.