Anova ve con preocupación a actitude do Delegado do Goberno diante do dereito de manifestación

Publicado por o día 13/06/2017 na sección de Anova,Política,Vigo

Anova ve con preocupación a actitude do Delegado do Goberno diante do dereito de manifestación

A cidadanía e os diversos sectores organizados da maioría social teñen dereito a expresar os seus pareceres e as súas demandas colectivas. Este dereito, exercido de maneira pacífica, non pode ser limitado nin sequera coa escusa da defensa da propiedade privada, por moito que esta sexa o único dereito que semella preocuparlle ao Partido Popular, que toma decisións todos os días desde diferentes espazos de goberno contra os dereitos e as liberdades colectivas.

O escesivo despregue policial vivido en Santiago de Compostela o pasado sábado 10 de xuño evidenciou outra volta o desexo do Delegado do Goberno dunha posta en escea para magnificar un conflito inexistente na cidade. Despois do desaloxo do CSO Escárnio e Maldizer, as manifestacións de protesta remataron cunha brutal e indiscriminada intervención da UIP.

A semana transcorreu cun intento grotesco por parte do Partido Popular, e de grupos económicos e mediáticos afíns, por xerar unha cortina de fume e crear unha situación de medo, destinada a desgastar ao goberno de Compostela Aberta, insistindo na criminalización de movementos sociais que funcionan con absoluta autonomía. O movemento da ocupación non é unha creación de Martiño Noriega, mais non é a primeira vez que o Partido Popular os usa para criminalizalo e usalos como un recurso de guerra sucia contra gobernos do cambio. Compostela é unha cidade tranquila, e non pode converterse nun campo de batalla. Entendemos que as imaxes da semana pasada obedecen á vontade de crear un espectáculo mediático destinado a deslexitimar os gobernos do cambio e deslexitimar reivindicacións cidadás xustas.

Unha carga policial contra cidadáns que realizan unha sentada pacífica, como aconteceu o pasado sábado en Santiago, ao tempo que atenta contra os máis fundamentais dereitos democráticos pecha toda opción de diálogo para procurar unha solución negociada co movemento social da ocupación. Rexeitamos a estratexia do Delegado do Goberno que decidiu, coa complicidade do voceiro compostelán do Partido Popular, Agustín Hernández, establecer controis de entrada na capital, identificacións masivas en varios puntos da cidade, e converter o Ensanche compostelán nun novo campo de batalla con cargas policiais.

Dende Anova denunciamos que a actuación do Delegado do Goberno nestes días semella máis preocupada por desgastar ao goberno de Compostela Aberta, exercendo como unha policía de control político guiada por intereses partidarios, que posta ao servizo da cidadanía que quere unha resolución deste asunto dialogada, e pacífica.
Anova ve con preocupación a actitude do Delegado do Goberno diante do dereito de manifestación: