ANOVA VIGO apoia e secundará a manifestación de NUNCA MAIS do vindeiro domingo

Publicado por o día 27/11/2013 na sección de Anova,Política

ANOVA VIGO apoia e secundará a manifestación de NUNCA MAIS do vindeiro domingo

 ANOVA VIGO apoia e secundará a manifestación de NUNCA MAIS do vindeiro domingo polo que saíran as ruas de Vigo para amosar unha vez máis a indignación e decirlle alto e claro a os responsables, que Galicia non é un vertedoiro e que as galegas e galegos, nin esquecen nin perdoan, polo que dende Anova non van  permitir que os responsables dos delitos contra o medioambiente saian impunes. 

  Francisco Riveiro, coordenador local de ANOVA,  considera que a sentenza é un claro ninguneo as galegas e galegos e salienta que isto non tería acontecido se Galicia tivera traspasadas as compentecias en materia de seguridade marítima e se as leis de protección medioambiental fosen mais severas. Dende ANOVA fan un chamamento a mobilización social cara o vindeiro domingo as 12:00h na Praza dos Cabalos, lugar dende donde sairá a manifestación de NUNCA MAIS.
PRENSA ANOVA VIGO