ANOVA Vigo denuncia a incapacidade do goberno municipal para atopar unha solución o Programa SEREOS

Publicado por o día 04/02/2014 na sección de Anova,Política

ANOVA Vigo denuncia a incapacidade do goberno municipal para atopar unha solución o Programa SEREOS
Logo de participar esta mañan na asamblea no colexio Ramón y Cajal, ANOVA apoia e solidarízase coa comunidade educativa, veciñas e comerciantes do barrio de Torrecedeira nas suas reivindicacións.
 
Dende Anova consideran que o programa SEREOS debía ter unha ubicación alternativa antes do seu peche na rúa Elduayen, así mesmo non atopamos acaida a nova ubicación por atoparse nos baixos dun centro deportivo municipal e nas inmediacións dun colexio.
 
Esta última decisión errática pon de manifesto a política de toma de decisións, caprichosas e arbitrarias, do alcalde que nunca conta coa opinión da cidadanía, amosando a nula vontade en buscar solucións consesuadas a este e outros problemas que se dan en Vigo.
 
Salientamos que o trato actual recibido po-los usuarios de SEREOS, nunha unidade movil e a intemperie, é vexatorio e atenta contra a dignidade destas persoas, máis coa climatoloxia actual.
 
Unha vez máis instamos dende Anova o Concello de Vigo, a dar unha solución o programa SEREOS que terá que contar coa opinión dos responsables do mesmo,os usuarios e a cidadanía.