Anova-Vigo en apoio os comuneiros de Cabral

Publicado por o día 09/05/2014 na sección de Anova,Política

Anova-Vigo en apoio os comuneiros de Cabral

Este sábado dia 10 de maio os comuneiros de Cabral celebran a II primavera verde en defensa do seu monte.

Co fin de recoller información de primeira man sobre este tema e mostrar o seu apoio os veciños de Cabral, Xosé Manuel Beiras (voceiro de AGE e de Anova), Lidia Senra (candidata de AGE en Europa)e Yolanda Diaz (co-voceira de AGE) celebraran un encontro aberto cos comuneiros no parque de Liñeiriños.

Anova-Vigo, como organización integrante da coalición AGE, sempre mostrou a súa oposición o proxecto de Portocabral. Consideramos que este esperpento é unicamente un pelotazo urbanístico sen utilidade algunha para a cidadanía.

Este gran centro comercial traerá graves consecuencias para Vigo, destrución dunha grande extensión do seu cinto verde, de postos de traballo no mediano e pequeno comercio local a cambio da creación de menor numero de postos de traballo e mais precarios, en definitiva beneficios para uns poucos a cambio de graves danos para a xente do común da nosa cidade.

Consideramos moi significativo o feito de que a cidadanía acaba de recibir a nova de que Luís Rodríguez, presidente da comunidade de montes e defensor de Portocabral en contra da decisión dos seus propios representados, esta a ser investigado por presunta apropiación indebida debido a unha permuta de terreos da comunidade de montes no ano 2012 .

Grupo de movementos sociais e participación cidadá Anova-Vigo

10246788_10200796754759624_6491276713851667974_n