ANOVA VIGO esixe a comparecencia pública do alcalde de Vigo

Publicado por o día 18/02/2014 na sección de Anova,Operación Patos,Política

ANOVA VIGO esixe a comparecencia pública do alcalde de Vigo

   ANOVA Vigo esixe a comparecencia pública, con caracter urxente, do alcalde de Vigo para dar explicacións sobre a actuación policial de hoxe no Concello de Vigo.

   A falla de máis datos sobre dita operación, ANOVA Vigo pide a máxima colaboración e transparencia do goberno municipal co fin de aclarar esta situación.
  Lamentan que, unha vez máis, contratas municipais e cargos públicos volvan a estar inmersos en  actuacións xudiciais o cal pon de manifesto un grao alto de corrupción sistémica nas institucións públicas, creando un clima de crispación social e unha imaxe,xa de por si deteriorada,de desconfianza cara os políticos que fomenta a sensación de que “todos son iguais”.
 O Coordenador local de ANOVA Vigo, Francisco Riveiro, coincide con Rubén Pérez de EU en que é preciso a remunicipalización dos servizos públicos pois, na actualidade, as empresas concesionarias actuan como “lobbies” en beneficio dos seus intereses,inxerindo e influindo nas corporacións municipais e nas suas decisións.
 
ANOVA Vigo, o igual que a cidadanía, está fartas de que sexan cada vez máis, novas de portada nos medios: Imputacións,casos de corrupción,tráfico deinfluencias ,etc.
Por iso reiteran a esixencia de explicacións públicas, colaboración e máxima transparencia do goberno municipal para aclara os feitos.
PRENSA ANOVA VIGO
 NOTICIAS RELACIONADAS: