Anova-Vigo fai un chamamento a cidadanía

Publicado por o día 18/12/2013 na sección de Anova,Política

Anova-Vigo fai un chamamento a cidadanía

 Citando o voceiro nacional de Anova: “A cidadanía esta farta da agresión por parte do poder. O pobo escolle os seus representantes para que teñan, por delegación, un poder para resolver os seus problemas e ese poder o único que fai é agredilos”

  Un dos eixes programáticos de Anova é que a política non pode saír unicamente das institucións. É a propia xente do común a que debe participar activamente na detección e solución dos problemas que a afectan directamente.

 Por iso dende Anova-Vigo fan este chamamento a toda a cidadanía. Porque queren ser orgullosa retagarda dos movementos sociais,facendo confluír diferentes plataformas cívicas que teñan por obxectivo o ben común.

 Queren ser altofalantes das necesidades do pobo vigués, fuxindo sempre, de capitalizar os movementos, feito que o único que consigue é fosilizalos, facendo inviable o seu propósito orixinal.

  O grupo de Movementos Sociais e participación cidadá de Anova-Vigo, esta a organizar, a que será a súa primeira xuntanza, nesta andaina que agora inicia a nova coordinadora local.

 Simpatizantes, integrantes de colectivos sociais, cidadanía con inquietudes, con e sen experiencia, todas e todos somos responsables de que chegue a rebelión cívica desexada. Todas e todos estades convidados a colaborar. Por separado, fracasaremos, xuntos, podemos facelo.

O grupo de Movementos sociais e participación cidadá Anova-IN-Vigo .

Información e contacto: anovavigo.ms@gmail.com