ANOVA VIGO solidarízase con Analía Melón e a sua familia, victimas de un desafiuzamento

Publicado por o día 30/12/2013 na sección de Anova,Política

ANOVA VIGO solidarízase con Analía Melón e a sua familia, victimas de un desafiuzamento

   ANOVA VIGO solidarízase con Analía Melón e a sua familia, victimas de un desafiuzamento e insta o Concello de Vigo a que solucione a situación de emerxencia desta familia. Asi mesmo exisen que se de cumplimento a promesa pública feita po-lo alcalde de declarar a cidade de Vigo libre de desafiuzamentos.

    Sinalan a inoperancia do Goberno local a hora de darlle uso social as 40 vivendas de titularidade municipal na rúa Rosalía de Castro a cal se suma, agora, a intención de véndelas para obter unha plusvalía, destinando os ingresos a expropiación dos terreos da Cidade da Xustiza.

  Na cidade estase a atravesar unha situación socioeconómica moi  grave, que leva as familias máis desfavorecidas a vivir sen unha vivenda digna. Dende  ANOVA VIGO entenden que o Concello debe velar po-lo interese xeral da cidadanía e non adicarse a descapitalizar o patrimonio  municipal.

 As vivendas de titularidade municipal pódense empregar para fins sociais moi variados. Un deles, obviamente, é o seu uso como vivenda de aluguer para persoas con risco de exclusión social ou en casos de víctimas de violencia de xénero entre outros. Simplemente debe existir vontade política para o bo uso dos recursos municipais.

  En todo caso se a única opción fose a venda das vivendas,que non esquezamos son propiedade das viguesas e vigueses, os ingresos obtidos na operación deberían ser empregados en fins sociais relacionados coa vivenda. De ninguna maneira deberían empregarse noutros fins e moito menos en pagar expropiacións.

PRENSA ANOVA VIGO

NOTICIA RELACIONADA: DESAFIUZAMENTO INMINENTE EN PIZARRO