Ante a preocupación crecente que existe en Redondela por a amenaza dunha futura casa de apostas o BNG levará varias iniciativas

Publicado por o día 01/10/2019 na sección de BNG,Galicia,Política,Redondela

Ante a preocupación crecente que existe en Redondela por a amenaza dunha futura casa de apostas o BNG levará varias iniciativas

Ante a preocupación crecente que existe en Redondela por esta amenaza o BNG levou varias iniciativas ao Parlamento. Insisten dende a Asemblea Local que non se cumpre a distancia aos accesos de entrada/saída a centros escolares, polo que se debe denegar a licenza de actividade.

Borardor de Iniciativas parlamentares sobre Casa de apostas Redondela

PNL

Nos últimos tempos prolifera por toda Galiza a apertura de casas de apostas e salas de xogo, un proceso que forma parte do boom do xogo ao abeiro dunha lexislación anticuada e permisiva. Detrás deste proceso hai poderosos intereses económicos, un negocio que medra exponencialmente e que se concentra en moi poucas mans, e que está a crear graves problemas sociais e de saúde pública, entre os que cabe sinalar a adicción ao xogo por parte da infancia e a mocidade.

O retraso na modificación da lei do xogo de Galiza, que data de 1985, foi o caldo de cultivo para a proliferación das casas de apostas, das salas de xogo e das máquinas comecartos. O goberno galego reaccionou tarde e mal, coa tramitación da nova lei do xogo e coa moratoria na apertura de novas salas. A estas alturas, están autorizadas 118 salas de xogo e 41 casas de apostas.

Un dos exemplos deste marco normativo permisivo témolo no concello de Redondela, no que se está tramitando a autorización dunha casa de apostas e salón de xogos situado na rúa Ernestina Otero. Este local encóntrase nas proximidades dunha zona escolar e dunha área de lecer e deportiva, pola que diariamente transita moitísima xente nova. Resulta evidente que o local foi escollido estratexicamente para obter a máxima rendibilidade empresarial e para captar un público potencial de mozos e mozas.

Esta solicitude de autorización da casa de apostas conta con resolución favorábel da Dirección Xeral de Emerxencias, con data de 9 de abril de 2019. E actualmente está pendente da tramitación de licenza de actividade por parte do concello de Redondela

Polo anteriormente exposto, o grupo parlamentar do BNG presenta a seguinte proposición non de lei para o debate en comisión/pleno

O parlamento insta ao goberno galego a revogar a autorización á casa de apostas e sala de xogos da rúa Ernestina Otero en Redondela, tendo en conta a proximidade a unha zona escolar e a unha área deportiva e de lecer pola que pasan diariamente miles de escolares

Pregunta Oral Comisión, Escrita

Está de acordo o goberno galego coa apertura en Redondela dunha casa de apostas e sala de xogos nas proximidades dunha zona escolar?

Considera a Xunta de Galiza que este local cumpre a distancia mínima a unha área escolar?

Ten previsto o goberno galego revisar e revogar a autorización concedida a esta sala pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior?

Pregunta Oral Pleno

Está de acordo o goberno galego coa apertura en Redondela dunha casa de apostas e sala de xogos nas proximidades dunha zona escolar?

Comentar noticia

Your email address will not be published.