Ante avalancha de solicitudes no Concello de Vigo abre outros carris para a cabalgata

Publicado por o día 30/12/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Ante avalancha de solicitudes no Concello de Vigo abre outros carris para a cabalgata

Ante a alta demanda das solicitudes de cita previa para acudir á Cabalgata de Reis Magos que se instalará na Avenida de Castelao o vindeiro 5 de xaneiro, o Concello de Vigo decidiu abrir á reserva os outros dous carrís da cabalgata.

Así, este mércores, a partir das 17:00 horas, abrirase a reserva do segundo carril na plataforma de reserva a través da portada da web municipal (www.vigo.org). Ademais, mañá xoves, a partir das 10:00 horas, poderán reservarse entradas para o terceiro carril para realizar a visita a Cabalgata dos Reis Magos.

O Concello de Vigo quere desta forma garantir que toda a cidadanía poida acudir á zona na que se instalarán as carrozas con total seguridade nesta época de crise sanitaria.

Comentar noticia

Your email address will not be published.