O Anteproxecto de Lei que modifica a Lei de Saude de Galicia

Reaccionan desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública
Publicado por o día 04/08/2017 na sección de Galicia,Sanidad

O Anteproxecto de Lei que modifica a Lei de Saude de Galicia

Ante o Anteproxecto de Lei que modifica a Lei de Saude de Galicia desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública reaccionan e vense a manifestar que pretendese crear a Axencia Galega do Coñecemento para ampliar e dar cobertura á participación privada nas actividades de Investigación e Desenvolvemento que agora se ampla á innovación. A través desta actividade e da chamada Compra Pública Innovadora, as empresas reciben diñeiro público para investigación aínda que as patentes resérvanllas para a súa comercialización, seguindo a estratexia de Goberno de Feijoo de considera a atención de saúde como un negocio.

No so queda en iso senon os cambios na organización territorial do sistema (Áreas Sanitarias) pretenden recortar e eliminar a medio prazo as áreas sanitarias dos hospitais comarcais. Esta política supón afastar á cidadanía (que vive áreas máis afastadas dos centros de área) como parte da estratexia de recortar o sistema sanitario para reducir gasto e potenciar a atención privada.

A modificación dos instrumentos de participación social na sanidade, é a enésima vez que se cambian, aínda que a realidade mostra que nunca se fan operativos. Chama a atención que a mesma se circunscriba a concello e organizacións de enfermos deixando fóra a importantes colectivos como as Federacións Veciñais

Por todo iso desde a Asociación esixen a:

  • Retirada do Anteproxecto  a supresión da Xerencias Únicas de Área (EOXI responsables do deterioro e marxinación dos servizos de atención primaria).
  • Recuperación da Xerencia deste Nivel asistencial.
  • Recuperacion dos recursos eliminados dos hospitais comarcais.
  • Participació veciñal na xestión e control dios sistema de saúde.