Anticapitalistas Galiza organiza un acto público baixo o título “Sen feminismo non hai cambio”

Publicado por o día 13/05/2015 na sección de Política

Anticapitalistas Galiza organiza un acto público baixo o título “Sen feminismo   non hai cambio”

– Vigo, 14 de Maio, ás 20hs no Café de Catro a Catro (Rúa Gerona 16)

Sen Feminismo non hai cambio.

Acto organizado por Anticapitalistas Galiza no que participará a histórica militante feminista Justa Montero este luns 11 as 20hs no Café de Catro a Catro, no que se debaterá sobre a necesidade de afrontar os retos que se nos presentan desde unha óptica feminista.

Para afondar no debate de como o modelo de acumulación capitalista aprovéitase das estruturas patriarcais e despraza ás mulleres ao traballo reprodutivo, económicamente oculto mais cunha función esencial para o sistema, contaremos en Vigo o próximo xoves 14 de Maio as 20hs no Café de Catro coa presencia da histórica militante feminista Justa Montero, na actualidade membro da Asamblea Feminista de Madrid e do Consello Editorial da revista Viento Sur.

A transformación social implica o exercicio da reflexión e o debate colectivo. Hoxe en día é central que debatemos sobre as exclusións e opresións que continuamos a sufrir as mulleres, xa que a crise actual as agudiza malia as conquistas tímidas e parciais no terreo As achegas que Justa realizou nos últimos anos, resultan imprescindíbeis para comprender e dar continuidade á loita feminista, que Anticapitalistas fai súa.

PRENSA ANTICAPITALISTAS GALIZA