Antón Gómez Reino: “Seis anos despois do accidente de Angrois seguimos esixindo verdade, xustiza e reparación”

Publicado por o día 24/07/2019 na sección de Podemos,Política

Antón Gómez Reino: “Seis anos despois do accidente de Angrois seguimos esixindo verdade, xustiza e reparación”

O secretario  xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, solidarizouse hoxe coas vítimas do accidente de  Angrois e os seus familiares, e lembrou que a investigación da traxedia “non se pode pechar en falso”. “Seis anos despois do accidente seguimos esixindo verdade, xustiza e reparación. Estamos coas vítimas”, subliñou Gómez Reino.

A militancia e os cargos públicos de Podemos Galicia apoiaron esta mañá a marcha cidadá convocada pola asociación de vítimas para reclamar ao Goberno en funcións, e en especial ao seu presidente, Pedro Sánchez, e ao ministro de Fomento, José Luis Ábalos, unha investigación independente que estableza dunha vez por todas as causas do sinistro e a asunción de responsabilidades que poidan derivarse dela.

Comentar noticia

Your email address will not be published.