Antón Sánchez acusa ao PP de ter “moita cara“ ao querer trasladar aos Concellos toda a responsabilidade da devolución do imposto de plusvalía

Antón Sánchez acusa ao PP de ter “moita cara“ ao querer trasladar aos Concellos toda a responsabilidade da devolución do imposto de plusvalía e rexeitando pedir ao Estado compensacións económicas.
Publicado por o día 07/04/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

Antón Sánchez acusa ao PP de ter “moita cara“ ao querer trasladar aos Concellos toda a responsabilidade da devolución do imposto de plusvalía

O grupo parlamentario de En Marea presentou esta mañá unha na que se solicitaba ao Goberno do Estado a compensar aos Concellos pola devolución das plusvalías, despois da sentenza do Tribunal Constitucional que estimou parcialmente a cuestión de inconstitucionalidade do imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana, coñecido como plusvalía municipal. A iniciativa recollía tamén a necesidade de modificar a lexislación para entre outras cuestións, que non se aplique nos casos que non exista incremento de valor. O viceportavoz parlamentario de En Marea, Antón Sánchez, considerou imprescindible que o Estado asuma esta compensación xa que“ a responsabilidade é do lexislador“.

Foi precisamente esta parte a que suscitou a negativa do grupo parlamentario do Partido Popular que pretendía aprobar un texto no que se instase aos Concellosa devolver todos os cartos indebidamente cobrados por este imposto pero evitando a parte de esixir ao Estado unha compensación económica xa que a situación actual ven provocada pola redacción dunha Lei estatal que foi aprobada en 2004 polo Goberno popular de José María Aznar.

“Resultando evidente a existencia de responsabilidade do Estado lexislador, e ante a normativa restritiva actualmente vixente procede que sexa o Estado quen asuma o custo económico de dita devolución de ingresos indebidos, con independencia da data das liquidacións, e compensando aos concellos polas devolucións de oficio ou pola estimación das pretensións de devolución formuladas polos suxeitos pasivos afectados“ defendeu Sánchez.

O viceportavoz parlamentario de En Marea, instou a que “inmediatamente se afronte unha reforma do modelo de financiamento local que garanta a suficiencia e autonomía financeira e que supere a discriminación actual que sofren os concellos galegos fronte aos doutros territorios”.

O viceportavoz parlamentario de En Marea considerou necesario modificar “á maior brevidade posible“, as disposicións legais aos efectos de evitar tributar cando non existe feito impoñible de plusvalor, con independencia da potestade estatal e municipal para o reaxuste á baixa dos Valores Catastrais. A reforma do RDL 2/2004, de Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais que debería incluír unha disposición transitoria aos efectos de compensar aos concellos pola devolución dos ingresos indebidos que poidan solicitar as persoas que abonaron dito imposto en ausencia real de base impoñible, así como pola propia devolución de oficio que deberían aplicar os Concellos, e que debería preverse na propia norma que aprobe o lexislador, recollendo a doutrina e o mandato do TCo.

A iniciativa que foi rexeitada finalmente polo voto en contrado Partido Popular recollía os seguintes puntos:

1.- Demandar do Goberno español a que presente de inmediato unha iniciativa lexislativa de reforma do RDL 2/2004, de Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aos efectos do seguinte :

a) Incluír as modificacións necesarias no réxime legal do IIVTNU que determinen a exclusión de feito impoñible no suposto de inexistencia real de incremento de valor dos terreos de natureza urbana.
b) Incluír unha disposición transitoria para que, con independencia da data de efectos das liquidacións practicadas, os concellos devolvan de oficio o liquidado e recadado indebidamente, e asumindo o Estado a responsabilidade de dita devolución, compensando economicamente aos Concellos por dito importe.

2.- Dar traslado do presente acordo ao Goberno do Estado, presidencia do Congreso e Senado, así como aos grupos parlamentarios das Cortes.