Antón Sánchez: “Co novo mapa de servizos de transporte a Xunta continúa co seu plan de desconexión do rural”

En Marea critica a nula participación social das novas medidas para o transporte por estrada, que aumenten a fenda entre a Galicia rural e urbana.
Publicado por o día 05/05/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

Antón Sánchez: “Co novo mapa de servizos de transporte a Xunta continúa co seu plan de desconexión do rural”

Para En Marea a falta dun “proxecto de país” por parte do PP evidénciase no novo mapa de servizos de transporte por estrada que vén de anunciar a Xunta, froito da improvisación e elaborado “ás présas e en base a sentenzas xudiciais”. Para o vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez “é un paso máis do plan de desconexión do rural que está executando o Goberno galego, pois só agranda a fenda entre a Galicia urbabna e a rural e non contempla ningunha medida que reverta a tendencia de abandono e envellecemento do noso interior”.

Nese senso, o vicevoceiro de En Marea cualificou de inconcebible que “Ethel Vázquez e Feijóo poñan como modelo a seguir Castela e León, cunha realidade que nada ten que ver con Galicia, pois teñen unha densidade de poboación do 27 hab/km, mentres nós estamos en 92 hab/km”.

A maiores, Antón Sánchez considera que a proposta da Consellería está deseñada “con nula planificación” para beneficiar ás empresas de transporte, en detrimento da calidade do servizo para os usuarios. “Cando falamos de transporte co Partido Popular falamos sempre de leis urxentes e en base a sentenzas coma a que en marzo de 2016 anulou 129 concesions de transporte público”, sinalou o vicevoceiro de En Marea referíndose a que derivada desta sentenza aprobouse a Lei 10/2016  e a posterior modificación na Lei de Acompañamentos dos Orzamentos para adiantar os recurtes nos servizos de transporte.

Un millón de euros para unha enquisa aos concellos

Outra das eivas do mapa de servizos anunciado pola Xunta, é a escasa participación social. A deputada Ánxeles Cuña denunciou que se pagase máis de un millón de euros a unha empresa privada por realizar unha enquisa que só responderon un 35% dos concellos.

Cuña tamén censurou con dureza a decisión de implementar o uso compartido do transporte escolar. “Deben estar moi mal asesorados, porque esta decisión vulnera todos os principios de convivencia educativa”, sinalou a deputada de En Marea, para quen o transporte é unha prolongación do centro escolar e non é asumible que “mentres se lle está esixindo ao profesora un expediente limpo, permítese subir ao bus escolar con nenos e neas a persoas sen ningún tipo de control”.

En Marea propón un “plan integral de transporte que non deixe a ninguén sen servizo e evite que o rural galego quede aínda máis illado”