Antón Sánchez: “O proxecto do parque eólico de Mouriños é un exemplo máis do espolio do vento do PP”

As Directrices da Paisaxe, anunciadas por Feijoo para 2017, seguen conxeladas e sin aprobarse pola Xunta de Galicia, mentras os parques eólicos avanzan na súa tramitación
Publicado por o día 16/08/2018 na sección de En Marea,Galicia,Política

Antón Sánchez: “O proxecto do parque eólico de Mouriños é un exemplo máis do espolio do vento do PP”

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático ven de formular favorablemente a declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque eólico de Mouriños, ubicado nos concellos de Cabana de Bergantiños e Zas.

O parque de Mouriños é o exemplo perfecto dun modelo pensado para beneficio das grandes eléctricas, alleo ao desenvolvemento económico local, mesmo contraproducente, que non pagará nin un euro de canon eólico, dentro dun país que acaba pagando a factura da luz máis cara do Estado. Pero este proxecto creará pouco emprego na zona, e básicamente na fase de construcción, casi nada ou nada na de explotación, 1 ou 2 traballadores como moito, e non deixará nin un euro nos concellos de Cabana de Bergantiños e Zas ao constar de 3 aeroxeneradores, o que fai que esté exento de pagar o canon eólico.

Segundo a empresa promotora, Renovables de Aragón SLU, unha filial da antigua Gas Natural-Fenosa, os parques eolicos “aproveitan unha das vantaxes territoriais de Galicia, o vento, para o seu desenvolvemento e para mellorar a calidade de vida das zonas rurais, que o proxecto implicara a creacion de postos de traballo na fase de execucion, pero tamen na de explotacion, e sinalan os beneficios economicos as entidades locais que lles permiten acometer proxectos de interese social, asi como as infraestruturas asociadas aos parques”. A contorna ten un enorme potencial turístico polas súas condicions naturais e pola súa paisaxe, pero éso non é óbice para que este proxecto pase por riba de todo éso e continúe coa súa tramitación. A zona na que se sitúa o proxecto do parque eólico de Mouriños podería, polos seus valores, e pola súa cercanía a estas zonas xa incluídas, podería ser parte desa ampliación, e polo tanto pasar a ser unha zona vetada para a implantación de parques, pero aínda que esto aconteza algún día, o parque xa será unha realidade.

Todos os grupos, incluso o PP, presentaron propostas de ampliación da Rede Natura, ampliación xa recomendada en 2011 pola Unión Europea, aprobándose a do Partido Popular  no ano 2017.O proxecto afecta tamén á fauna, especialmente nunha zona de distribución potencial dunha especie en perigo de extinción como a escribenta das canaveiras, e mesmo o promotor indica que resulta previsible un efecto acumulativo e sinérxico por colisión e efectos barreira sobre a avifauna e quirópteros.

A Dirección Xeral do Patrimonio Natural no seu informe relativo ao ESIA indica que a zona onde se localiza o proxecto non ostenta ningunha figura autonómica ou estatal de protección de espazos naturais das recollidas na Lei 9/2001, nin na Lei 42/2007, na proximidade do parque eólico, en torno a 1 km, si se atopan os seguintes espazos con figuras de protección: Zona especial de conservación (ZEC) “Costa da Morte” (ES111000S), Zona de especial protección dos valores naturais (ZEPVN) “Costa da Morte”, e Zona de especial protección para as aves (ZEPA) “Costa da Morte (Norte)”.SeIndica que os puntos de interese turístico son Castro de Borneiro ao oeste do parque eolico, o Dolmen de Dombate ao oeste e Torres do Allo ao sureste.

A Axencia de Turismo de Galicia indica que os impactos mais importantes terán lugar na fase de explotacion e, ao seu xuizo, o máis importante é no medio socieconómico ao tratarse dunha zona cun claro destino turístico e rural.

Mentras segue paralizada a aprobación das Directrices da Paisaxe, misteriosamente conxeladas, en trámite ambiental dende decembro de 2016, e cuia aprobación prometeu Nuñez Feijoo para 2017, cando na realidade os parques eólicos seguen a súa tramitación sin poder contar con esta figura de protección, xogando deste xeito aos feitos consumados.

O catálogo tamén identifica unha serie de miradoiros que serán afectados pola actuación, o do Monte Branco e o do Alto da Fernandiña, este último situado dentro da área de aproveitamento do parque eólico.No caso de Mouriños o parque eólico proxectado atópase nun enclave de gran valor paisaxístico e patrimonial. De acordo co Catálogo das Paisaxes, o parque situase nas comarcas paisaxisticas de Costa da Morte e Bergantinos, na grande area paisaxística das Chairas e Fosas Occidentais e perto dunha área de especial interese paisaxístico (AEIP), a do Dolmen de Dombate.

A declaración de utilidade pública outorgada sistemáticamente por riba doutros usos, como o agrario, forestal ou turístico, e a declaración de proxecto de especial interese, que acurta os prazos á metade, son dous instrumentos que favorecen ás grandes empresas que se adican á producción eólica, e impeden a defensa dos intereses da maioría. Este proxecto insiste no modelo eólico desenvolto nas últimas décadas en Galiza. Onde voan os beneficios producidos polo vento, non serve para dinamizar a economía do rural e onde prevalece o descoido ambiental e paisaxístico. As empresas aproveitan a normativa aprobada polos gobernos autonómico e estatal para facer un gran negocio que pouco ou nada deixa na economía local.