Antón Sánchez reclama explicacións á Xunta polo retraso na emisión dunha declaraciòn ambiental negativa ou o decreto de caducidade do procedemento para o proxecto da mina de Touro

O grupo parlamentario En Marea pide a comparecencia no Parlamento do DX de Enerxía e Minas e da DX de Calidade Ambiental
Por o 13/04/2019 | Sección: En Marea,Política
Antón Sánchez reclama explicacións á Xunta polo retraso na emisión dunha declaraciòn ambiental negativa ou o decreto de caducidade do procedemento para o proxecto da mina de Touro

Dous anos despois da solicitude de tramitación do proxecto de reapertura da mina de Touro por parte de minas San Rafael a Xunta de Galicia aínda non emitiu a declaración de impacto ambiental. O proxecto foi exposto a información pública en setembro de 2017 cun prazo de 30 días hábiles. O vicevoceiro de En Marea Antón Sánchez Antón Sánchez reclama explicacións á Xunta de Galicia pola non emisión dunha declaraciòn ambiental negativa ou non decretar a caducidade do procedemento no proceto da mina de Touro”

Sánchez destacou que “malia a existencia de  varios informes sectoriais de departamentos do propio goberno galego e de diversos colectivos, negativos e moi contundentes, a Xunta de Galicia segue sen darlle carpetazo a un proxecto inviable ambiental, económica e socialmente”. E fai referencia á lei 21/2013 , de 9 de decembro de avaliación ambiental, que fixa nun ano a vixencia dos trámites de información e consulta pública unha vez finalizados, e un prazo de 4 meses, máis dous prorrogables por causa motivada, para a análise técnica do expedente de avaliación ambiental e a formulación da declaración ambiental.

Para En Marea é revelador que “a última actuación administrativa de Cobres San Rafael no trámite fose a cuarta petición de suspensión do procedemento, ésta por catro meses, petición que non nos consta contestada pola Xunta de Galicia”. “Xa hai suficiente información para concluir que o proxecto é inviable e en consecuencia emitir unha declaración de impcto ambiental negativa”, sinala o vicevoceiro do GP En Marea, que considera que outra opción é, de darse o caso, “decretar a caducidade do procedemento por sobrepasar os prazos de tramitación ambiental permitidos pola lei”.

Para aclarar as actuacións deste “farragoso procedemento” e para esixir explicacións o vicevoceiro do GP de En Marea, Antón Sánchez, vén de presentar unha serie de iniciativas para que comparezan tanto o Director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, e maila Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira.

“Houbo tempo suficiente para que a empresa achegase a información necesaria e para que a administración analizara o expediente, polo que non se pode dilatar máis a determinación sobre un proxecto que é unha ameaza e fonte de incertidume para a xente de Touro,O Pino, para o Ulla, a Ría de Arousa e o país en xeral”, conclúe Sánchez, para quen é xa hora de “finiquitar definitivamente o proxecto”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.