Antonio Barros Serodio, “A Voz”, do Recanto de Vigo e comarca no Luar da TVG

Gañador das tres primeiras roldas en Recantos de Luar
Por o 06/04/2017 | Sección: Eventos,Galicia,Mos,Vigo
Antonio Barros Serodio, “A Voz”, do Recanto de Vigo e comarca no Luar da TVG

O mosense Antonio Barros Serodio defenderá, o vindeiro venres, 07 de abril, na cuarta rolda  da sección Recantos, do popular programa da TVG, Luar, o Recanto de Vigo e comarca, interpretando nesta ocasión a canción: “ Voy a perder la cabeza por tu amor”, popularizada nos anos oitenta por José Luís Rodríguez “ El Puma”.

Barros tras gañar a terceira rolda cun total de 35 puntos, dos cales 29 foron do xurado e 6 conseguidos mediante votación telefónica espera , poder seguir, contando co apoio dos televidentes, a través, das cinco chamadas telefónicas o número que aparecerá na pantalla do televisor.

Cartaz