Anualmente nacen no Álvaro Cunqueiro uns 250 bebés prematuros, un 7% do total

Este ano a Covid-19 obrigou a cambiar a tradicional visita dos nenos e nenas á Unidade para celebrar o Dia Mundial do Prematuro por unha visita virtual
Publicado por o día 17/11/2020 na sección de Galicia,Salud,Sanidad,Vigo

Anualmente nacen no Álvaro Cunqueiro uns 250 bebés prematuros, un 7% do total

A pandemia da Covid-19 non impediu que o equipo de Neonatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo conmemorase hoxe o Día Mundial do Prematuro. Sen embargo, este ano, a tradicional visita que os pequenos que foran os seus pacientes realizaban á Unidade, tivo que ser “virtual”, a través dun vídeo realizado polo persoal https://youtu.be/5NYVUaVb3eg

Este documento audiovisual, ademais de mostrar a Unidade ve stida de gala para celebrar este día, reflicte tamén a actividade diaria e a dedicación e entrega coa que os profesionais realizan o coidado destes bebés e as súas familias.

“Este ano quixemos seguir mantendo ese vínculo especial con nosos pequenos expacientes a es súas familias, e a pesar de non poder recibilos na Unidade, con este video intentamos reencontrarnos de novo e, sobre todo, enviarlles unha mensaxe de lembranza e cariño”, explicou a xefa do servizo de Pediatría, Ana Concheiro.

Pola súa banda, os representantes da Asociación de Nais e Pais de Prematuros AGAPREM, entregou o “Patuco de honra” á supervisora da Unidade de Neonatoloxía, Begoña Pérez Costas, para agradecerlle a súa entrega e dedicación.

Coidados de calidade durante a pandemia

Segundo explica a doutora Concheiro, “ hai que por en valor, hoxe máis que nunca, o traballo do noso equipo de profesionais e o seu empeño para conseguir manter, en plena pandemia, a presencia e estadía dos pais e nais na Unidade, xunto aos seus fillos. Para isto, tivemos que reforzar todas as medidas de protección para evitar riscos e garantir a máxima seguridade aos bebés”.

Así, a prudencia obrigou á restrición da entrada na Unidade doutros familiares distintos dos pais, e adaptáronse os protocolos para incluír as novas medidas – a utilización de máscaras e hidroxeles – en todos os coidados establecidos, como o método canguro, a lactancia materna, o banco de leite, ecétera…

Cómpre subliñar que gracias ao esforzo dos profesionais, o banco de leite, que garante aos bebés a alimentación 100% con leite humana, foi un dos poucos bancos de España que rexistrou un incremento das súas doazóns neste momento tan crítico, garantindo que todo aquel neno que o necesitase tivese leite dispoñible. “Tamén tense realizado un esforzo importante en conseguir a instauración da lactancia nos fillos de nais infectadas por COVID, cando o seu estado de saúde non era o máis óptimo, conscientes do enorme beneficio da transferencia de anticorpos a través da mesma”.

Hai que recordar que a día de hoxe no Álvaro Cunqueiro levan nados 9 bebés de nais con Covid19, e todos eles naceron sans, libres do virus.

37 bebés de menos de 1,5 quilogramos

Cada ano nacen na Área Sanitaria de Vigo ao redor de 250 bebés prematuros, o que representa un 7% do total de nacementos. Unha porcentaxe que se mantén case constante no últimos anos.

No que vai de ano levan atendidos a 37 bebés menores de 32 semanas, os chamados “grandes prematuros”, que pesan menos de 1,5 quilogramos.

Precisamente, estes son os máis beneficiados -para lograr a súa supervivencia e adecuado desenvolvemento cerebral- da lactancia materna e da presencia e implicación nos seus coidados de seus pais durante a súa estadía hospitalaria.

A Unidade de Neonatoloxía conseguiu garantir ambas estratexias terapéuticas durante a pandemia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.