Anuncian distintas vixilias nos PACs de todas as Areas Sanitarias de Galicia

Publicado por o día 17/05/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

O luns 20 de Maio, se hara unha vixilia en todas as Areas Sanitarias de Galicia. Realizásese un encontro tras a posta de sol ata a medianoite para lembrar que se cumpren 18 meses desde o inicio do movemento reivindicativo dos PACs en pé de Guerra.

En decembro de 2017 nacio no Area sanitaria de Vigo o movemento “PACs en pé de Guerra” que ràpidamente se extendiò ao resto das areas de Galicia. O seu aparicion propiciárona anos de sobrecarga asistencial cos complementos de festividade e nocturnidade conxelados desde o ano 2010 e un còmputo de xornada que penaliza os períodos de incapacidade temporal, (baixas) e os permisos retribuídos.

Desde o 7 de Xaneiro, o persoal sanitario dos PACs de Galicia està en folga. Sumada ás xornadas de folga de outubro e novembro, supoñen unhas 150 gardas nunha folga invisible, cuns servizos minimos do 100%. O SERGAS continùa facendo oìdos xordos ás peticións dos traballadores en relacion ao cómputo de xornada e persiste o regateo en canto aos complementos conxelados.

As diferentes àreas sanitarias de Galicia realizasen concentracións por este motivo o vindeiro luns dia 20. No caso do area sanitaria de Vigo, (que comprende os servizos de urxencias situados en Vigo, Ponteareas., A Cañiza, Porriño, Tui, A Guarda, Redondela, Moaña e Cangas) a concentración realizarase na porta do PAC de Vigo, (Rúa Pizarro, antigo Hospital Xeral), a partir das 21.30 h

Convídase a toda a ciudadanìa a participar na concentraciòn e na recollida de firmas de apoio a unhas reivindicacións que basicamente reclaman unha mellora da calidade asistencial deteriorada pola sobrecarga laboral, a dotacion de persoal insuficiente, a falta de equipos de seguridade…. E a equiparaciòn coas condicións de traballo do resto dos traballadores do Servizo Galego de Saùde.